Regulamento xeral de protección de datos da UE

parlamento

A Unión Europea intentará aprobar antes do 2014 un Regulamento xeral de protección de datos. É interesante destacar que, neste caso, non estamos a falar dunha Directiva, senón dun Regulamento, é dicir de alcance xeral e de aplicación directa, polo que non necesita ningunha norma interna de trasposición, o que suporía unha regulación común en todo o territorio da UE.

O Parlamento e o Consello Euopeos presentaron unha proposta  de regulamento no que destaca  o desenvolvemento do “dereito ao esquecemento”.  Dende Anabad-Galicia queremos sinalar que este “dereito ao esquecemento” non pode supoñer a perda de documentos que forman parte do patrimonio documental. Aínda que na proposta  se  recollen condicións específicas para o tratamento de datos persoais con fins históricos, estatísticos e de investigación científica, este  regulamento non pode “esquecer” as funcións dos arquivos como garantes da conservación do patrimonio documental,  da transparencia na xestión,  da protección dos dereitos recollidos nos documentos e tamén, como non, da privacidade.

Documento a texto completo: Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratameento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos)

Comunicado da Asociation des Archivistes Français: Au nom du droit à l’oubli, quel patrimoine pour l’Europe de demain?

Noticias relacionadas:

Deixar un comentario