Formación ANABAD-GALICIA 2014
Descarrega o programa completo
Supostos prácticos para técnicos medios de arquivos
- Impartido por: María A. Díaz Bernárdez, Xefa sección AHP Lugo.
- Modalidade: En liña
- Datas: Xaneiro-Febreiro
- Horas: 30h.
- Obxectivo: que o alumnado adquira habilidades necesarias para poder superar o exercicio práctico das oposicións a técnicos medios de arquivos.
Supostos prácticos para técnicos medios de bibliotecas
- Impartido por: Elena Sánchez Muñoz, Facultativa grao superior bibliotecas da Xunta.
- Modalidade: En liña
- Datas: Marzo-Maio
- Horas: 30h.
- Obxectivo: adquirir os fundamentos para o desenvolvementos de supostos prácticos: esquemas, aclaración de conceitos, tipoloxías de supostos… Presentaranse casos verosímiles baseados en situacións reais do traballo técnico bibliotecario.
Obradoiro profesional: “Crea a túa marca persoal e móstrate desde a rede”
- Impartido por: Patricia Russo, Coordinadora do Grupo de Traballo de Software Libre para profesionais da información e Coordinadora de Formación do COBDC.
- Modalidade: En liña
- Datas: 2-16 de Xuño
- Horas: 8h.
- Prezo: gratuíto para persoas asociadas
- Obxectivos: adquirir destrezas necesarias para lograr unha reputación en liña profesional. Coñecer e aplicar ferramentas necesarias para a marca persoal. Elaborar un bo CV e como mostrarse en internet. Coñecer portais de busca de emprego.
- Programa
Paleografía práctica: Escritura e documento no mundo moderno
- Impartido por: Gonzalo Francisco Fernández Suárez, Profesor de Humanidades da USC.
- Modalidade: En liña
- Datas: 8 de setembro-3 de outubro
- Horas: 20h.
- Obxectivo: coñecer diferentes tipos de escritura desde a visigoda e a tipoloxía documental romano-visigoda até a escritura humanista e a tipoloxía documental en época borbónica.
- Programa
Supostos prácticos para técnicos facultativos de arquivos
- Impartido por: María A. Díaz Bernárdez, Xefa sección AHP Lugo.
- Modalidade: En liña
- Datas: 29 de setembro-5 de decembro
- Horas: 30h.
- Obxectivo: que o alumnado adquira habilidades necesarias para poder superar o exercicio práctico das oposicións a técnicos facultativos de arquivos.
- Programa
Supostos prácticos para técnicos facultativos de bibliotecas
- Impartido por: Elena Sánchez Muñoz, Facultativa grao superior bibliotecas da Xunta.
- Modalidade: En liña
- Datas: 20 de outubro-19 de decembro
- Horas: 30h.
- Obxectivo: adquirir os fundamentos para o desenvolvementos de supostos prácticos: esquemas, aclaración de conceitos, tipoloxías de supostos… Presentaranse casos verosímiles baseados en situacións reais do traballo técnico bibliotecario.
- Programa
Ola!! Quería máis información sobre o último curso: “Supostos prácticos para técnicos facultativos de arquivos”
Grazas
Ola Susana o curso será de supostos prácticos para persoas que se presenten ás oposicións do grupo superior de arquivos (A1) ou desexen coñecer o traballo práctico que se realice neste grupo. O programa definitivo e o lanzamento do curso realizaráse a finais do verán.
Grazas polo teu interese.