Arquivo da categoría: Publicacións

Boletín número 11 de ANABAD-Galicia

Neste primeiro número de 2014 queremos informar de varias noticias de interese relacionadas coa Asociación. A primeira e máis importante é a Asemblea que realizaremos o 7 de xuño na Coruña dentro da Xornada de Confraternización e que definirá as novas cotas de socios de Anabad Galicia despois da decisión tomada de abandonar a Federación Anabad.

Dámos conta das reunións e algunhas actividades levadas a cabo pola nosa Asociación así como as entidades das que formamos parte.

Anunciamos as próximas actividades formativas que se realizarán durante este ano.

Tamén queremos dar a coñecer un pouco máis quen somos as persoas que formamos parte da Asociación recollendo datos estatísticos sobre as persoas asociadas.
 
Por último, a noticia que abre este novo Boletín, o traballo realizado pola Biblioteca do Saviñao dando a coñecer outras culturas dentro da súa participación no Ano Dual España-Xapón.

Preme na imaxe ara descarregar o Boletín número 11.

11BoletinAnabad

Advertisement

Perfís profesionais en Bibliotecas Públicas

livros

ANABAD-Galicia ten detectado falta de criterio en moitas institucións, principalmente na administración local, á hora de determinar os perfís dos profesionais que van ocupar postos de traballo nas súas bibliotecas. Desta maneira encontrámonos con convocatorias de oposicións que non recollen as características profesionais que deberían ser acordes ao traballo a desenvolver. Tamén nos encontramos con propostas de RPT nas que o peso e a importancia que deberían ter os profesionais das bibliotecas non se encontran ao nivel das características determinadas polos organismos nacionais e internacionais encargados de establecer normas e recomendacións sobre bibliotecas.

Mentras non se desenvolva na súa totalidade a Lei 5/2012 de Bibliotecas e se estableza a tipoloxía das bibliotecas e as características do persoal que debe atendelas, cremos conveniente recomendar unha serie de perfís profesionais mínimos coa finalidade de orientar ás administracións nas caracerísticas do persoal co que debería contar nos seus servizos bibliotecarios. Así, a comezos de Abril, enviamos á FEGAMP unha proposta de perfís profesionais para bibliotecas públicas para que este organismo difunda entre os concellos galegos a nosa proposta. Facemos tamén público o documento para que calquera profesional, organizacións e sindicatos poidan utilizar esta guía para reforzar a figura profesional do persoal bibliotecario.

Boletín número 10 de ANABAD-Galicia

Este número trata aspectos da Cooperación Bibliotecaria en bibliotecas públicas a través de dous programas de colaboración diferentes. O primeiro trata da Rede de Bibliotecas Asociadas á Unesco (UNAL) nas que, a Biblioteca de Verín, nos explica a súa participación.

O outro programa presentado é o levado a cabo pola NAPLE (Autoridades Nacionais de Bibliotecas Públicas en Europa), denominado Naple Sister.

Nos dous casos explicamos como se pode participar destes dous programas.

Na sección de Noticias informamos das actividades nas que participamos como membros da Federación Anabad, da Coordinadora de Asociaciones de Archiveros e de Fesabid, así como presentamos algunhas actividades que se van desenvolver nos próximos meses.

Continuamos coa difusión do Programa de Formación de Anabad-Galicia para o 2013 e unha sección de Avisos con información importante para a nosa vida asociativa.

(Preme na imaxe para descarregar o boletín)

Boletín 10/2013

Boletín 10/2013