
A Unión Europea intentará aprobar antes do 2014 un Regulamento xeral de protección de datos. É interesante destacar que, neste caso, non estamos a falar dunha Directiva, senón dun Regulamento, é dicir de alcance xeral e de aplicación directa, polo que non necesita ningunha norma interna de trasposición, o que suporía unha regulación común en todo o territorio da UE.
O Parlamento e o Consello Euopeos presentaron unha proposta de regulamento no que destaca o desenvolvemento do “dereito ao esquecemento”. Dende Anabad-Galicia queremos sinalar que este “dereito ao esquecemento” non pode supoñer a perda de documentos que forman parte do patrimonio documental. Aínda que na proposta se recollen condicións específicas para o tratamento de datos persoais con fins históricos, estatísticos e de investigación científica, este regulamento non pode “esquecer” as funcións dos arquivos como garantes da conservación do patrimonio documental, da transparencia na xestión, da protección dos dereitos recollidos nos documentos e tamén, como non, da privacidade.
Documento a texto completo: Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratameento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos)
Comunicado da Asociation des Archivistes Français: Au nom du droit à l’oubli, quel patrimoine pour l’Europe de demain?
Noticias relacionadas:
Gústame esto:
Gústame Cargando...