Arquivos mensuais: Marzo 2013

Curso: Fontes de Información no ámbito da saúde

ANABAD- Galicia continúa co seu obxectivo de contribuír á formación dos seus asociados e de todo aquel interesado nas funcións das Bibliotecas, Arquivos, Museos e Centros de Documentación.

Dentro do plan de formación para o 2013 propoñemos o seguinte curso:

Título: FONTES DE INFORMACIÓN NO ÁMBITO DA SAÚDE

Datas  e  duración: Do 1 ao 30 de abril. Duración de 25 horas.

Edición: en liña

Docentes: Equipo BiblioSaúde. Biblioteca Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Prazas: 30 prazas, prioridade  para os socios de ANABAD Galicia.

Período de prescrición: do 4 ao 11 de marzo.

Matrícula: Socios: 100 € / Non socios: 130€

Programa

fontessaude

Advertisement

Regulamento xeral de protección de datos da UE

parlamento

A Unión Europea intentará aprobar antes do 2014 un Regulamento xeral de protección de datos. É interesante destacar que, neste caso, non estamos a falar dunha Directiva, senón dun Regulamento, é dicir de alcance xeral e de aplicación directa, polo que non necesita ningunha norma interna de trasposición, o que suporía unha regulación común en todo o territorio da UE.

O Parlamento e o Consello Euopeos presentaron unha proposta  de regulamento no que destaca  o desenvolvemento do “dereito ao esquecemento”.  Dende Anabad-Galicia queremos sinalar que este “dereito ao esquecemento” non pode supoñer a perda de documentos que forman parte do patrimonio documental. Aínda que na proposta  se  recollen condicións específicas para o tratamento de datos persoais con fins históricos, estatísticos e de investigación científica, este  regulamento non pode “esquecer” as funcións dos arquivos como garantes da conservación do patrimonio documental,  da transparencia na xestión,  da protección dos dereitos recollidos nos documentos e tamén, como non, da privacidade.

Documento a texto completo: Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratameento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos)

Comunicado da Asociation des Archivistes Français: Au nom du droit à l’oubli, quel patrimoine pour l’Europe de demain?

Noticias relacionadas: