ANABAD – Galicia nestes tempos de crise intenta adaptarse tamén ao difícil momento económico das persoas asociadas e establece unha cota reducida para persoas desempregadas que será de 40€.
As persoas que xa sexan socias ou as interesadas en asociarse poden dirixirse á Asociación para informar e acreditar a súa situación e, deste xeito, xa neste ano 2013, pasar a abonar a cota reducida.
Podes poñerte en contacto coa Asociación en:
- Apdo. de correos 193, 15080 da Coruña
- Email: anabadgalicia@mundo-r.com, administracion@anabadgalicia.net
- Ou neste formulario: https://anabadgalicia.wordpress.com/contacta
A Xunta Directiva