Arquivos mensuais: Xuño 2013

Visita a Vigo

PacoANABAD – Galicia organiza Visita á cidade de Vigo para participar da celebración do centenario de Francisco Fernández del Riego quen foi presidente de Anabad Galicia e, durante moitos anos, director da Biblioteca da Fundación Penzol.

A data escollida para esta visita é o Sábado 29 de Xuño, data na que temos previsto realizar as seguintes actividades:

  • Visita guiada de mañá á Casa Galega da Cultura, sede da Fundación Penzol
  • Comida de confraternización
  • Asemblea extraordinaria da Asociación
  • Visita guiada de tarde ao MARCO

O custe da actividade será de 25€ para persoas asociadas e 30€ para non asociadas.

Para anotarse enviar é necesario realizar o pagamento na conta da asociación:

e enviar copia ao email da asociación: anabadgalicia@mundo-r.com

Neste email pódese seleccionar tamén o menú.

A data límite para anotarse é o 16 de xuño.

Contamos convosco!

Penzol

Advertisement

Entrevista Radio Galega

anxo-ana

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Arquivos o 9 de xuño, Anxo Quintela, no Diario Cultural da Radio Galega, entrevista a Olimpia López, presidenta de Anabad Galicia o pasado venres 7 de xuño.

Día Internacional dos Arquivos 2013

Con motivo da celebración o próximo 9 de Xuño do Día Internacional dos Arquivos, ANABAD Galicia emitiu un comunicado defendendo a necesidade dos arquivos na sociedade. Con este post queremos contribuír a difundir as actividades nos Arquivos galegos:

Arquivo central da Consellaría de Cultura:

Arquivo de Galicia:

Arquivo Deputación da Coruña:

  • Xornada de Portas abertas e Exposición A Deputación e a súa Historia o venres 7 de xuño ás 12h.
  • Programa

Arquivo do Reino de Galicia:

  • Na semana do 2 ao 7 de xuño organiza visitas guiadas polas instalacións do arquivo e do laboratorio de restauración, acompañada de unha mostra de documentos.
  • É necesario anotarse previamente por tel.: 981 209 251 ou no email: arq.reino.galicia@xunta.es
  • Programa completo

Arquivo Xeral Territorial de Lugo:

  • Organizará visitas guiadas o día 7 de xuño, ás 10 horas e ás 12 horas dirixidas aos empregados públicos, posibles usuarios deste centro. Os interesados deberán dirixirse ao Arquivo Xeral da Xunta de Galicia, segundo andar, no edificio administrativo de Lugo (982 294 240)

Arquivo Histórico Provincial de Lugo:

  • Semana de portas abertas, entre os días 3 e 7 de xuño na que se darán a coñecer as salas de proceso técnico de organización de documentos, o taller de restauración, os depósitos documentais, e a totalidade do traballo que se fai para a conservación e difusión dos documentos.
  • Tamén se mostrarán unha escolma de documentos, desde pergameos ata expedientes administrativos que acreditan as actividades desenvolvidas polas administracións e os cidadáns desde a Idade Media ata a actualidade.
  • Programa completo

É indispensable realizar reserva previa no tel 982 227 956 ou no e-mail: ahp.lugo.informacion@xunta.es

Arquivo Histórico Provincial de Ourense:

  • O venres 7 de xuño, o Arquivo Histórico Provincial de Ourense celebrará o Día Internacional dos Arquivos cunha xornada de portas abertas na súa sede da rúa Hernán Cortés 2, con visitas ás 12.30h. e ás 18.30h. nas que se amosarán documentos xerados no exercicio da fe pública por escribáns e notarios de distintas épocas.
  • Programa completo

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra:

O venres 7 de xuño organiza as seguintes actividades:

  • Xornada de portas abertas con visitas guiadas ás instalacións do arquivo ás 11, 13 e 17h. Inclúe a visita á exposición de documentación catastral na sala dos Masós: desde o Marqués de la Ensenada até o s. XX.
  •  19h. Conferencia de Rafael Vallejo Pousada: A documentación catastral no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra; e velada musical a cargo da cantautora pontevedresa Fátima Baña.
  • Programa completo

ahppontevedra