Comunicado de ANABAD-Galicia sobre o Proxecto de Lei de orzamentos do ano 2013 da Xunta de Galicia para Arquivos e Bibliotecas.
O proxecto de Lei de orzamentos da Xunta de Galicia para o 2013, entregado no Parlamento o 28 de decembro, presenta unha baixa xeral en cultura do 7%, sen embargo, analizando este orzamento, para Arquivos e Bibliotecas o recorte é altísimo, respecto ao xa escasísimo orzamento do ano 2012.
- Para os Arquivos descende un 36,8%
- Para as Bibliotecas públicas cae un 39,5%
Estas mínimas dotacións orzamentarias supoñen a asfixia dos centros.
Nos Arquivos recórtanse todas as partidas, e seguen sen abordarse os problemas crónicos de falta de espazo que lle impiden aos centros cumprir as súas funcións, ao non poder recibir transferencias. Están colmatados tanto os arquivos propios coma os xestionados. Serva como exemplo o Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, que nin sequera engadindo a nave existente no Polígono do Tambre, ten espazo de depósito suficiente para pode cumprir co seu cometido.
Nas Bibliotecas o recorte da partida para adquisición de fondos bibliográficos nun 57%, é dramática, e impídelles cumprir a súa función principal de atención aos usuarios.
Os profesionais reclamamos da Xunta de Galicia un esforzo de racionalización en materia de orzamentos para arquivos e bibliotecas, centros rendibles social e tamén economicamente, e que cese xa o desmantelamento pola vía dos feitos que determina esta continuidade na mingua orzamentaria.
Incorporamos os cadros comparativos co ano 2012, para que comprobedes as baixas:
09/20/432A (Secretaria Xeral de Cultura / Bibliotecas e Arquivos)
BIBLIOTECAS:
Partidas | 2013 | 2012 | Recorte |
Bolsas formación (4800) | 217.740 | 243.920 | (-11%) |
Equipamento da rede (mobiliario) (6251) | 100.000 | 64.800 | (+45,7%) |
Lotes fundacionais (6281) | 650.000 | 1.500.684 | (-57%) |
Obras e reparacións na rede de bibliotecas de Galicia | 100.000 | 190.000 | (-47;36) |
Promoción da lectura (6402) | 300.000 | 346.845 | (-13,5%) |
Actividades culturais (6404) | 200.000 | 250.000 | (-20%) |
Formación | 10.500 | 15.000 | (-30%) |
Total | 1.578.240 | 2.611.249 | (-39,5% 2012) |
ARQUIVOS
Partidas | 2013 | 2012 | Recorte |
Conservación do Patrimonio documental en arquivos (4805) | 107.406 | 111.762 | (-4%) |
Maquinaria, instalacións e utensilios de arquivos. adquisicións (6231) | 14.972 | 24.000 | (-37,6 %) |
Mobiliario e útiles de arquivos (6252) | 8.835 | 25.000 | (-64,6%) |
Proxectos e informes e dirección en materia de arquivos (6283) | 60.000 | 167.058 | (-64%) |
Adquisicións e restauración do patrimonio documental (6284) | 75.000 | 122.285 | (-39%) |
Movemento e traslados de fondos documentais (6285) | 2.100 | 3.907 | (-46%) |
Publicacións en materia de arquivos (6286) | 14.095 | 23.000 | (-59%) |
Obras de conservación de arquivos (6321) | 30.000 | 36.445 | (-17,68%) |
Actividades difusoras e de promoción de arquivos e patrimonio documental (6404) | 50.000 | 60.000 | (-17%) |
Total | 362.408 | 573.457 | (-36,8% 2012) |
Na Coruña a 10 de Xaneiro de 2013