ANABAD GALICIA súmase á Campaña de EBLIDA: O Dereito e Ler en Formato Electrónico, que en España é levada a cabo por Fesabid. A web da campaña de Eblida é The right to e-read Campaign é o site oficial para seguir a campaña.
Desde Anabad Galicia traducimos os materiais que poñemos á vosa disposición e iremos informando dos pasos que se vaian dando na mesma até o 23 de Abril, data na que se realizarán conferencias de prensa en toda Europa sobre a temática.
A Campaña:
“O dereito a ler en formato electrónico” é unha campaña europea que ten como obxectivo crear conciencia entre o público en xeral, os bibliotecarios e os responsables políticos sobre as dificultades que enfrentan actualmente as bibliotecas, especialmente con respecto ao acceso aos libros electrónicos e aos contidos dixitais. A campaña tamén aumentará a concienciación sobre a necesidade de cambio, sobre todo no caso do marco dos dereitos de autor.
A campaña, iniciada por EBLIDA, estase levando a cabo en todos os países europeos. A idea dun cartel da campaña cun logotipo e lemas foi desenvolvido polo grupo de traballo de e-books encabezado por Gerald Leitner. A nivel europeo, EBLIDA está coordinando a campaña. EBLIDA proporciona información e materiais para os seus membros para descarga e uso: material de comunicación (carteis, postais), como información de fondo, o texto legal para a discusión con especialistas, bibliotecarios e público en xeral.
EBLIDA tamén se centra na entrega de información aos políticos e aos medios de comunicación coa finalidade de introducir esta temática na axenda política.
O 23 de abril, día Mundial do Libro e do Dereito de Autor será unha oportunidad ideal para a celebración de conferencias de prensa nos países participantes. EBLIDA organizará unha conferencia de prensa en Bruxelas o “Dereito á e-lectura”.
As Actividades:
- Difusión entre as persoas asociadas ás bibliotecas e nos medios de comunicación dos materiais de difusión da campaña.
- Animar ás bibliotecas a que coloquen o cartel
- No programa de actividades do Día do Libro, informar sobre a campaña
- Enviar o Manifesto da campaña aos responsables políticos
- Intentar que os medios de comunicación locais se fagan eco da campaña
- Fomentar a campaña nas redes sociais co hasthtag #eread
Os Materiais:
(Pódense descarregar en boa calidade premendo nas imaxes)
Manifesto:
Cartel:
Pingback: O dereito a ler en electrónico no III Congreso Software Libre para Educación |
Pingback: O Dereito a ler en electrónico! |