Arquivos mensuais: Outubro 2012

Javier Marías rexeita Premio Nacional de Narrativa en apoio das Bibliotecas

Desde ANABAD-Galicia  queremos facernos eco da decisión de Javier Marías de rexeitar o Premio Nacional de Narrativa e da súa defensa das Bibliotecas Públicas. Na rolda de prensa na que manifestou o rexeitamento do premio e da súa dotación económica expuso:

 “Creo que es mejor que ese dinero el Ministerio lo destine a lo que le parezca. Ojalá lo destinaran a las bibliotecas publicas, que han recibido un presupuesto de 0 euros para 2013, lo cual me parece escandaloso. Entiendo que haya recortes en Cultura cuando es necesario, a sectores como el cine, el teatro, la ópera, que son efectivamente caros, pero no entiendo que afecte a las bibliotecas públicas. Que el presupuesto sea 0 para las bibliotecas públicas me parece escandaloso”.
 
Agradecemos a súa coherencia nestes tempos difíciles, e como colectivo que agrupa aos profesionais dos arquivos, bibliotecas, centros de documentación e museo,  o seu apoio ás Bibliotecas Públicas como centros de atención preferente que non se deben descoidar, posto que teñen unha misión fundamental nas comunidades ás que serven, como elemento dinamizador e nivelador das diferenzas.

Advertisement

Foro Internacional de Espazos para a Cultura: a araña na rede

Foro Internacional de Espazos para a CulturaDo 7 ao 9 de novembro terá lugar o II Foro Internacional de Espazos para a Cultura no Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura de Galicia.

Os Arquivos e o Patrimonio Documental de Galicia

Os Arquivos e o Patrimonio Documental de Galicia: memoria pública, memoria privada, memoria social. Materiais para un debate sobre os arquivos e o patrimonio documental.

Arquivos e Patrimonio Documental

Organizan: Consello da Cultura Galega e ANABAD-Galicia

Lugar de celebración:
Consello da Cultura Galega
22 e 23 de novembro de 2012

Coordinan:

  • Gabriel Quiroga Barro
  • Olimpia López Rodríguez
  • María Dolores Pereira Oliveira
  • Pedro López Gómez

Programa