As Bibliotecas non son só Libros!

askyou

O Parlamento Europeo na  Declaración Escrita 0016/2013 (rexistrada o 7 de outubro de 2013) recoñece os servizos esenciais ofrecidos polas bibliotecas públicas nas comunidades de toda a UE, ofrecendo oportunidades para a aprendizaxe permanente, a inclusión social / dixital e vías para o emprego (baseada nun novo estudo publicado en marzo 2013).

Esta Declaración pon de relevo o facto de que as bibliotecas públicas non só achegan a cultura e os libros, se non que ofrecen beneficios educativos, sociais e económicos a 100 millóns de usuarios das bibliotecas de todos os Estados membros da UE.

Mediante esta Declaración pídese á Comisión “que recoñeza os servizos fundamentais que as bibliotecas públicas ofrecen ás comunidades locais e aos grupos desfavorecidos no referido á inclusión dixital, integración social, á aprendizaxe permanente e íos itinerarios cara ao emprego, así como a función que desenvolven estes servizos contribuindo á consecución dos obxectivos da UE”

Até o día 7 de xaneiro de 2014, está aberto o prazo para solicitar dos eurodeputados que asinen esta Declaración, e -se contar co apoio do 50% dos deputados- o texto será adoptado polo Parlamento Europeo e remitido á Comisión Europea que debe dar unha resposta á solicitude.

ANABAD-Galicia, como Asociación integrada en FESABID, apoia esta campaña e anima a todos os bibliotecarios, usuarios de bibliotecas e público en xeral, a que se dirixan aos deputados españois para solicitarlles o apoio desta importante iniciativa co fin de aproveitar ao máximo esta oportunidade.

Na seguinte ligazón, http://www.wdpubliclibraries.eu/Spain/ pódese encontrar os seguintes documentos:

  • Declaración Escrita do Parlamento Europeo 9916/2013
  • Plantilla da carta para enviar aos eurodeputados
  • Relación de eurodeputados españois e os seus e-mails de contacto

Pódese seguir a campaña nas redes sociais:

Grazas pola vosa colaboración!

librariesnotbooks

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s