Arquivo da categoría: Arquivos históricos

O Arquivo Histórico Provincial de Lugo garda documentos sobre proxecto de supresión de Concellos de 1960

Un Plan do Ministerio da Gobernación de 1960, a través da Delegación General de Administración Local, recolle a proposta de eliminar ou fusionar 13 concellos da provincia de Lugo.

O Arquivo Histórico Provincial, dirixido por Dolores Pereira, garda os documentos relativos a esta provincia no que se encontra a proposta detallada de fusións, supresións, segregacións ou agregacións, unha xustificación das variacións e un mapa explicativo. Tratábase dun primeiro paso que habería que perfilar e mellorar, pero que nunca se levou a cabo.

O debate xa ven de vello aínda que hoxe en día continúa estando de plena actualidade, os primeiros intentos remóntanse a finais do século XVIII no que o Censo de Floridablanca intentaba xa proipor unha racionalización da organización territorial.

La Voz de Galicia na edición de Lugo do día 3 de febreiro de 2012 presenta un amplo monográfico sobre o tema:

Un plan de 1960 proponía fusionar o suprimir 13 concellos lucenses
¿Por qué se propone la supresión de municipios en la provincia?
Primeros intentos de racionalizar en el XVIII
El dilema de Lugo: agrupar sin alejar a las personas de los servicios
Negueira de Muñiz desaparecería repartida entre Asturias y A Fonsagrada
A Mariña: O Vicedo y Xove se integrarían en Viveiro; y Burela, capital de Cervo
Láncara: una profunda transformación
Sur: Monforte de Lemos ganaría Doade y Quiroga engulliría a Ribas do Sil