ANABAD Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro de arquiveiros, bibliotecarios, museólogos e documentalistas de Galicia.
Os fins da asociación son:
- Establecer canais de información e de relación cos poderes institucionais implicados no ámbito de actuación dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación.
- Promover unha formación de calidade dos profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación, e establecer liñas de actuación para mellorar as condicións laborais e marcar as condicións profesionais e técnicas que corresponden ao desenvolvemento das súas competencias laborais.
- Elaborar programas de actuación que favorezan o coñecemento da situación laboral galega no seu ámbito de actuación e axuden ao seu desenvolvemento.
- Representar aos asociados ante os organismos e entidades nacionais e internacionais.
Liñas estratéxicas 2012-2015
- Defensa activa dos profesionais e do seu traballo.
- Consolidación dos plans de formación.
- Creación de grupos de traballo internos e participación nos grupos de traballo de FESABID e da Coordinadora de Asociacións de Arquiveiros.
- Fortalecer a comunicación interna e externa da asociación, e aumentar a transparencia da xestión da mesma.