Arquivos mensuais: Xuño 2014

O dereito a ler en electrónico no III Congreso Software Libre para Educación

Con motivo da Campaña de Eblida sobre o Dereito a Ler en formato electrónico que se realiza simultaneamente en toda Europa e na que participamos desde Anabad Galicia, fomos convidados a participar na Mesa redonda sobre Publicación Dixital no III Congreso Software lIbre para Educación que se celebrará en Santiago os días 1 e 2 de xullo.

3CongresoSL

A mesa redonda sobre publicación dixital realizarase o mércores 2 de xullo de 16 a 18h. e contará coa participación de:

  • Juan Luis Blanco Valdés: Director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC e membro da Xunta Directiva da UNE (Unión de Editoriais Universitarias españolas). Tema: Experiencias no servizo de publicacións ao redor de OJS e OMP, software de publicacións de revistas e monografías.
  • Luz Castro: socia e directora do departamento de multimedia de imaxin|software. Tema: Publicación de materiais didácticos en formato electrónico.
  • Roi Rodríguez Sánchez: CEO de Xercode Media Software. Tema: Plataforma XeBook de difusión de publicacións electrónicas.
  • Xoán Manuel Pérez Lijó: Secretario de Anabad-Galicia. Tema: O dereito a ler en electrónico. A difusión do libro electrónico nas bibliotecas públicas.

A mesa contará cun tempo de exposición de cada participante dando o seu punto de vista e presentando as súas experiencias e proxectos sobre publicación electrónica e posteriormente contará co debate entre participantes e o público.

righteread

Advertisement

Visita á Coruña

O pasado 7 de xuño celebramos actividade de confraternización na Coruña na que tamén realizamos asemblea extraordinaria na que se aprovaron, entre outras cuestións, as novas cotas de persoas asociadas a Anabad Galicia.


A actividade lúdica consistiu na Visita ao Museo de Belas Artes e a posterior comida nun restaurante da cidade. Continuamos no Museo pola tarde coa realización da Asemblea.


Queremos agradecer ao persoal do Museo e, especialmente aos nosos guías, Manuel Cobián e Tomás Fernández Fuertes pola súa atenta visita guiada polas dependencias do Museo con interesantes aspectos sobre a historia do edificio, a súa contrución e remodelación aproveitando o Convento anexo, e o proxecto arquitectónico actual, obra de Manuel Gallego Jorreto e Premio Nacional de Arquitectura. A visita, ademais das salas expositivas, continuou polos espazos de traballo que serviron para nos dar unha imaxe máis rica do traballo interno do centro: a biblioteca, os depósitos e almacéns e a sala de restauración.


Fotografías da celebración (preme na imaxe para visitar a galería de fotos)

IMGP2986

Curso: Escritura e documento no mundo moderno

Curso Anabad Galicia: Escritura e documento no mundo moderno

Curso destinado a proporcionar os coñecementos necesarios para identificar diferentes tipos de escritura desde a visigoda, e a tipoloxía documental romano-visigoda até a escritura humanista e a tipoloxía documental da época borbónica.

escritura

Profesor: Gonzalo Francisco Fernández Suárez, Profesor de Humanidades na Universidade de Santiago de Compostela

Modalidade: on-line

Duración: 8 setembro-3 outubro

Preincrición: do 16 ao 30 de xuño

Prazas: 30 prazas,  prioridade para persoas asociadas a Anabad-Galicia

Matrícula: 70€ socios / 100€ no socios

Programa