A data do 24 de Outubro foi escollida como día para sinalar a importancia das bibliotecas na sociedade. Esta data foi creada en 1997 pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil co apoio do Ministerio de Cultura. Para o 2013 o cartaz foi deseñado por Andrés Rábago (El Roto) con texto de Laura Gallego.

Queremos presentar unha mostra das actividades que se realizarán en Galicia para comemorar esta data. Se sabes de máis actividades por favor ponte en contacto con administracion@anabadgalicia.net para que as podamos difundir.
ALGUNHAS ACTIVIDADES NAS BIBLIOTECAS GALEGAS:
Bóveda: Biblioteca Municipal: Te e le na biblioteca: a biblioteca convida a tomar un te con pastas e botar unha ollada á Exposición de Libros históricos e a coñecer as últimas novidades; Visitas escolares con lectura do manifesto; Agasallo de libros a novos socios; Exposición de traballos do II Concurso de carteis Feira Outrora… Programa
Caldas de Reis: Biblioteca Municipal P.M. Martínez Ferro: Mandalas de contos con Marisa Irimia para nenos e nenas maiores de 4 anos ás 18h.
Cambre: Bibliotecas Municipais: Agasallo de un libro a todas as persoas que ese día visiten as bibliotecas.
O Carballiño: Biblioteca Municipal: Mañá: visita á biblioteca de Aspadisi (asociación de persoas con minuscalías), elaboración de marcapáxinas e agasallo de libros. Tarde: contacontos e obradoiros infantís ás 17,30h. e agasallos a todos de libros a todos os visitantes á biblioteca.
A Coruña: Biblioteca da Deputación Provincial: Video promocional da biblioteca; Lectura do manifesto e lanzamento de globos; Obradoiro de libros en 3D; Formación de usuarios no uso de dispositivos electrónicos de lectura; Exposición “coñece a túa biblioteca”; A biblioteca na rúa… Programa
A Coruña: Bibliotecas Municipais: Actividades nas diferentes bibliotecas: Biblioteca do Ágora: A primavera árabe esgotouse, conferencia con Nazanín Armanián. Biblioteca de Estudos Locais: Presentación do Libro de Paco Campos “O fillo de Maciste” con música en directo. Biblioteca Sagrada Familia: Mostra bibliográfica Ex-Libris; Libros solitarios en busca de dono; Música con Najla Shami e Sérgio Tannus. Biblioteca Municipal Forum Metropolitano: Maratón de cuentos “Silencio se cuenta”; Tendal de poesía; Libro de visitas… Programa do Forum

A Coruña: Biblioteca González Garcés: Xornada de portas abertas, Bookcrossing, Sorteo de cesta de libros, Biblioteca Quitapenas, Contos maravillosos do mundo para a igualdade, para nenos con Gemma Pardo… Programa
Dumbría: Bibliotecas Municipais: Mostra Bibliográfica 150 aniversario de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro; Cruce de libros nas bibliotecas do concello: trae un libro e leva outro. Programa
O Grove: Rede de Bibliotecas Municipais: Contacosntos; Xornada de portas abertas; A Historia do esquío rampante: contacontos e obradoiro con Mau e Pin de “Polo correo do vento”. Programa
Lalín: Biblioteca Municipal: VIII Concurso de Bibliomascota cos colexios do concello; Obradoiro literario de poesía e narrativa.
Comarca de Lemos: cea organizada por LEMOS, LE (Colectivo de bibliotecarias/os da Comarca de Lemos, asociación de librerías, e en definitiva un espazo aberto a participación de todas as persoas vinculadas dalgún xeito o mundo da literatura).
Lugo: Biblioteca Nodal: semana dedicada ao Día da Biblioteca con: Xornada de protas abertas, Á busca do tesouro, Monicreques, Vídeos e Pequeno Museo Itinerante de Obxectos e fragmentos de contos” José Campanari. Programa
Monforte de Lemos: Biblioteca Municipal: Contacontos na sala infantil ás 18h.
Oleiros: Bibliotecas Municipais: Amplo programa de actividades en todas as bibliotecas: contacontos, obradoiros, exposicións, agasallos… Programa
Ourense: Biblioteca Pública: Vistas guiadas; “Odisea na Biblioteca”; Sorteo de lotes de libros; Vistas escolares; Conversas de idiomas… Programa
O Pino: Biblioteca Municipal: xornada de portas abertas. Agasallos para todos os que se acheguen á biblioteca e representación de Baobá Teatro “Bailando cos contos”.
Ponteareas: Biblioteca Municipal: Concurso de narración de contos nos centros escolares con premios en lotes de libros e representación do Conto gañador. Bases do concurso.

Redondela: Bibliotecas Municipais: Emisión radiofónica de breves fragmentos literarios, con especial referencia ás bibliotecas, lidos polo personal da biblioteca municipal e polos bibliotecarios e colaboradores das bibliotecas dos centros de secundaria. A Radio Municipal de Redondela emitiraos ao longo do día 24, intercalados na súa programación.
Ribadavia: Biblioteca Municipal: celebración do 50º aniversario da creación da Biblioteca, contacontos infantil a cargo de Sherezade Bardají titulado “Onde viven os monstros”, e sorteo de libros.
Santiago: Biblioteca Ánxel Casal: Xornadas de portas abertas, Visitas guiadas, Regalos de lotes de libros, Obradoiro para rapaces de axudantes de biblioteca, Monicreques con Títeres Cachirulo e máis… Programa
Sober: Biblioteca Municipal: en colaboración co CEIP Virxe do Carme: lectura do pregón e exposición do cartel do día da biblioteca que será adaptado polos escolares; Presentación de Lemos (asociación para potenciar a lectura na comarca); Obradoiro de marcapáxinas e agasallos. Programa
Tui: Biblioteca Municipal: II Concurso de Fotografía “Lendo na casa”; Obradoiro “Anxo e os contos de aventura, fantasía e medo”; Contacontos… Programa
Verín: Biblioteca Municipal: contacontos e manualidades para nenos e nenas de 3 a 9 anos.
Vigo: Biblioteca Municipal Neira Vilas: encontro con escolares, acompañado polo escritor e ilustrador Jacobo Fernández para falar da importancia das bibliotecas. Programa
Vigo: Biblioteca Pública Central de Vigo: Xornada de portas abertas; Obradoiros; Contacontos; Ciencia e Maxia; Centros de interese: a biblioteca nos contos e Selección de escritores galegos en Vigo… Programa
Gústame esto:
Gústame Cargando...