Polo seu interese reproducimos o artigo da doazón do fondo documental e biblioteca de Olga Gallego ao Arquivo de Galicia:

Polo seu interese reproducimos o artigo da doazón do fondo documental e biblioteca de Olga Gallego ao Arquivo de Galicia:
ANABAD-Galicia ante a presentación do Plan estratéxico do Gaiás-Cidade da Cultura desexa manifestar a súa fonda preocupación ante a reunión nunha soa sede do Arquivo e a Biblioteca de Galicia, porque supón unha considerable perda de identidade e de visibilidade de ambas as dúas institucións, e contribúe a incrementar a confusión entre as misións e funcións dos dous centros, do que pode derivar a desvertebración tanto do Arquivo coma da Biblioteca e, incrementar os problemas de funcionalidade dos edificios, ata facer inviable a súa operatividade.
Chámanos a atención que os dous únicos centros con contido na Cidade da Cultura sufran unha diminución de espazos e de visibilidade social. Especialmente cando no decreto de creación do Arquivo de Galicia de 10 de decembro de 2010, publicado pola Consellería de Cultura nesta lexislatura, pon de manifesto no seu preámbulo que: “é necesario que exista un arquivo que culmine a súa organización e reciba aqueles documentos que teñan carácter histórico procedentes dos restantes arquivos -administrativos e intermedios[…]. Un centro que reúna as adecuadas condicións construtivas e funcionais para asegurar a súa conservación, tratamento e posta á disposición dos cidadáns e da Administración, e que ao tempo posúa a necesaria dignidade arquitectónica para transmitir adecuadamente a relevancia da súa función; E na Lei de Bibliotecas de Galicia de 15 de xuño de 2012, publicada o día 27 de xuño, na súa exposición de motivos di: Especial atención merece neste título o papel outorgado á Biblioteca de Galicia como biblioteca central do sistema bibliotecario de Galicia, centro promotor da cultura galega e coordinador para a recuperación, conservación e difusión do patrimonio bibliográfico de Galicia calquera que sexa a súa situación…”
Entendemos que, independentemente dos problemas que a Xunta de Galicia teña para xestionar o complexo do monte Gaiás, é indispensable que a nosa Comunidade Autónoma conte co seu Arquivo, servizo da máxima relevancia nunha sociedade democrática, e a súa Biblioteca, como motor da cultura e do idioma de Galicia, cada un coa súa sede e o seu persoal, e cumprindo a súa misión específica, sen que, polo feito de ser instalados na Cidade da Cultura, deban sufrir, en primeira persoa, as consecuencias de ocupar espazos nesta infraestrutura de tan difícil xestión e articulación.
A Xunta Directiva de ANABAD-Galicia
A Coruña 3 de Xullo de 2012
A Coruña, 2 de xullo de 2012
A Asociación ANABAD-Galicia que agrupa os profesionais dos servizos de arquivos, bibliotecas e centros de documentación de Galicia, quere manifestar a súa opinión sobre a proposta de orzamentos para as Bibliotecas públicas do ano 2012.
En primeiro lugar queremos deixar patente a diminución do orzamento, nun total de 853.660€, nas partidas dirixidas ao mentemento das instalacións, equipamento, actividades e adquisición de fondos para as bibliotecas públicas de Galicia.
Este recorte pode ser entendíbel nun momento de crise como o actual e comprendemos que se poida producir no total da partida orzamentaria. Co que non poderíamos estar de acordo é con que estas partidas, unha vez aprobadas, fosen recortadas ou directamente eliminadas como aconteceu no orzamento do ano 2011, tal e como deixamos patente no comunicado público que desde a Asociación emitimos o 19 de Abril de 2011. (http://agabad.blogsome.com/2011/04/19/comunicado-de-anabad-galicia-ante-os-recortes-nas-bibliotecas-publicas/)
Por outra parte, na reunión mantida co Conselleiro de Cultura, co Director Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas e co Subdirector de Bibliotecas o pasado 31 de maio de 2011, indicáronselle varios asuntos, relacionados co orzamento: (http://agabad.blogsome.com/2011/06/07/reunion-de-anabad-galicia-coa-consellaria-de-cultura-2/)
O pasado 23 de Novembro a Xunta Directiva de Anabad-Galicia mantivo unha reunión cos responsables da Consellería de Cultura no que tamén se tratou o tema dos orzamentos para o 2012, no que se plantexaron cuestións que consideramos importantes para manter o funcionamento e a calidade dos servizos nas bibliotecas públicas entre os que destacaban:
Ante isto declaramos:
Desexamos que estas partidas se destinen integramente aos gastos executados durante o exercicio 2012 e non se imputen a outros gastos ou anualidades.
Orzamentos 2011 |
Orzamentos 2012 |
|||
Bolsas Bibliotecas |
272.000
|
Bolsas bibliotecas |
243.920
|
|
Equipamento rede bibliotecas (mobiliario) |
232.339
|
Equipamento rede bibliotecas (mobiliario) |
64.800
|
|
Equipamento informático para a rede |
360.570
|
Equipamento informático para a rede |
90.000
|
|
Lotes fundacionais e adquisición de fondos bibliográficos |
1.800.000 |
Lotes fundacionais e adquisición de fondos bibliográficos |
1.500.684
|
|
Promoción da lectura e do libro |
700.000 |
Promoción da lectura e do libro |
346.845
|
|
Actividades culturais e de animación á lectura en bib. |
250.000
|
|||
Cursos de Formación para bibliotecarios |
15.000
|
|||
Total 2011 |
3.364.909€ |
Total 2012 |
2.511.249€ |
Na Coruña a 10 de decembro de 2011