Arquivos mensuais: Maio 2014

Boletín número 11 de ANABAD-Galicia

Neste primeiro número de 2014 queremos informar de varias noticias de interese relacionadas coa Asociación. A primeira e máis importante é a Asemblea que realizaremos o 7 de xuño na Coruña dentro da Xornada de Confraternización e que definirá as novas cotas de socios de Anabad Galicia despois da decisión tomada de abandonar a Federación Anabad.

Dámos conta das reunións e algunhas actividades levadas a cabo pola nosa Asociación así como as entidades das que formamos parte.

Anunciamos as próximas actividades formativas que se realizarán durante este ano.

Tamén queremos dar a coñecer un pouco máis quen somos as persoas que formamos parte da Asociación recollendo datos estatísticos sobre as persoas asociadas.
 
Por último, a noticia que abre este novo Boletín, o traballo realizado pola Biblioteca do Saviñao dando a coñecer outras culturas dentro da súa participación no Ano Dual España-Xapón.

Preme na imaxe ara descarregar o Boletín número 11.

11BoletinAnabad

Advertisement

Confraternización Anabad Galicia 2014

Actividade Confraternización Anabad Galicia 2014

Como todos os anos, ANABAD GALICIA, Asociación de arquiveiros, bibliotecarios, documentalistas e museólogos de Galicia, organiza unha actividade de encontro para as persoas asociadas, que este ano terá lugar na cidade da Coruña o 7 de xuño, no que se realizará unha visita guiada ao Centro Cultural Ágora, e onde aproveitaremos para coñecer de forma especial a Biblioteca Municipal Ágora, pertencente ao Sistema municipal de bibliotecas da Coruña. A continuación terá lugar unha comida de confraternización de socios e a celebración dunha asemblea extraordinaria.

agora

Actividades

  • 11.30: Visita ao Centro Cultural Ágora e Biblioteca Municipal Ágora
  • 13.00: refrixerio ambigú Centro Cultura Ágora
  • 14.30: comida confraternización restaurante A Penela, Praza de María Pita, 12, 15001 A Coruña.
  • 16.00: homenaxe socios xubilados 2013 e asemblea extraordinaria ANABAD GALICIA

O custe da actividade será de 30€ por persoa. Para anotarse é necesario realizar o pagamento na conta da Asociación (Triodos Bank): ES19 1491 0001 2920 2372 4921 e enviar copia ao email á asociación: anabadgalicia@mundo-r.com.

 

A data límite para anotarse é o martes 3 de xuño.

 

Contamos convosco!

 

A actividade organizada por ANABAD GALICIA, conta co apoio de:

fesabid