Arquivo da categoría: Actividades Anabad

Curso Anabad Galicia: Supostos prácticos para Facultativos de Grao medio de Bibliotecas

Curso Anabad Galicia: Supostos prácticos para Facultativos de grao medio de bibliotecas

supostosbib2Docente: Elena Sánchez Muñoz. Facultativo Grado Superior de Bibliotecas da Xunta de Galicia e Facultativo Grado Medio de Bibliotecas en excedencia.
Licenciada en Documentación pola Universitat Oberta de Catalunya e Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade: on-line

Duración: 20 de outubro-19 de decembro

Preincrición: do 15 ao 30 de setembro

Prazas: 30 prazas, prioridade para persoas asociadas a Anabad-Galicia

Matrícula: 90€ socios / 120€ non socios

Programa

Advertisement

O dereito a ler en electrónico no III Congreso Software Libre para Educación

Con motivo da Campaña de Eblida sobre o Dereito a Ler en formato electrónico que se realiza simultaneamente en toda Europa e na que participamos desde Anabad Galicia, fomos convidados a participar na Mesa redonda sobre Publicación Dixital no III Congreso Software lIbre para Educación que se celebrará en Santiago os días 1 e 2 de xullo.

3CongresoSL

A mesa redonda sobre publicación dixital realizarase o mércores 2 de xullo de 16 a 18h. e contará coa participación de:

  • Juan Luis Blanco Valdés: Director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC e membro da Xunta Directiva da UNE (Unión de Editoriais Universitarias españolas). Tema: Experiencias no servizo de publicacións ao redor de OJS e OMP, software de publicacións de revistas e monografías.
  • Luz Castro: socia e directora do departamento de multimedia de imaxin|software. Tema: Publicación de materiais didácticos en formato electrónico.
  • Roi Rodríguez Sánchez: CEO de Xercode Media Software. Tema: Plataforma XeBook de difusión de publicacións electrónicas.
  • Xoán Manuel Pérez Lijó: Secretario de Anabad-Galicia. Tema: O dereito a ler en electrónico. A difusión do libro electrónico nas bibliotecas públicas.

A mesa contará cun tempo de exposición de cada participante dando o seu punto de vista e presentando as súas experiencias e proxectos sobre publicación electrónica e posteriormente contará co debate entre participantes e o público.

righteread

Visita á Coruña

O pasado 7 de xuño celebramos actividade de confraternización na Coruña na que tamén realizamos asemblea extraordinaria na que se aprovaron, entre outras cuestións, as novas cotas de persoas asociadas a Anabad Galicia.


A actividade lúdica consistiu na Visita ao Museo de Belas Artes e a posterior comida nun restaurante da cidade. Continuamos no Museo pola tarde coa realización da Asemblea.


Queremos agradecer ao persoal do Museo e, especialmente aos nosos guías, Manuel Cobián e Tomás Fernández Fuertes pola súa atenta visita guiada polas dependencias do Museo con interesantes aspectos sobre a historia do edificio, a súa contrución e remodelación aproveitando o Convento anexo, e o proxecto arquitectónico actual, obra de Manuel Gallego Jorreto e Premio Nacional de Arquitectura. A visita, ademais das salas expositivas, continuou polos espazos de traballo que serviron para nos dar unha imaxe máis rica do traballo interno do centro: a biblioteca, os depósitos e almacéns e a sala de restauración.


Fotografías da celebración (preme na imaxe para visitar a galería de fotos)

IMGP2986