Asóciate a BAMAD Galicia!

libroaberto

Siguésnos nas redes sociais, recibes información sobre Bamad e as súas actividades através de outras persoas…? Este é o momento de te asociares.

Motivos para Asociarse a BAMAD Galicia

Pola Formación:

O noso programa contempla a realización de media ducia de actividades formativas ao ano con descontos, e algunha gratuíta, para persoas asociadas.

Ademais as persoas asociadas a Bamad Galicia poderán contar con descontos de socios  nas actividades formativas das asociación federadas en Fesabid e na CAA (Coordinadora de Asociacións de Arquiveiros).

Pola Información:

Realizamos seguimento periódico das noticias que nos afectan: convocatorias de oposicións, noticias de interese, lexislación… Noticias que difundimos entre as persoas asociadas.

Pola Defensa da Profesión:

Porque estamos pendentes de que se cumpran as leis. Opinamos sobre decisións tomadas polos organismos públicos e dirixímonos ás institucións cando é necesario opinar, reclamar ou suxerir sobre asuntos que nos afectan.

Pola Forza:

Porque xuntos temos máis forza á hora de poder ofertar máis e mellores servizos e para podermos facer unha mellor defensa da profesión.

Asóciate!

Podes asociarte neste formulario. O custe anual da cota normal é 60€ e de 30€ para persoas desempregadas.

E se isto non che convence podes enviarnos as túas suxestións sobre como mellorarmos a anabadgalicia@mundo-r.com ou administracion@anabadgalicia.net

E se xa és unha persoa asociada, podes enviarlle esta información a persoas coñecidas e amizades que poidan ter interese en formar parte de BAMAD Galicia.

Anímate a participar!

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s