Peche da Biblioteca de Caja Madrid en Santiago

DECLARACIÓN DE ANABAD-GALICIA ANTE O PECHE DA BIBLIOTECA DA OBRA SOCIAL DE CAJA MADRID EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANABAD-Galicia posicionouse no pasado mes de novembro contra algunhas decisións das administracións públicas de reestruturación de servizos que están a afectar seriamente a todos os ámbitos, e especialmente ao campo da cultura, con incidencia directa nos arquivos, bibliotecas e museos.

A esta oposición da nosa Asociación, no que respecta ás administracións públicas, temos agora que manifestar tamén o noso desacordo coa decisión de empresas privadas que dispoñen de servizos culturais e que plantexan tamén a súa eliminación.

Este é o caso da Obra Social de Caja Madrid, hoxe en día Bankia, que pretende eliminar 35 das 40 bibliotecas, coas que conta en todo o estado, da rede de bibliotecas xestionada pola súa Obra Social.

Unha destas bibliotecas é a que a obra social ten en Santiago de Compostela, situada nun edificio histórico en plena zona vella da cidade, e que presta un servizo imprescindible para unha boa parte da cidadanía que utiliza e desfruta dos servizos relacionados cos libros e a lectura.

Ademais péchase este servizo cando cumpre 8 anos de funcionamento, sendo un referente bibliotecario na cidade, ofrecendo actividades para todas as idades e cedendo o seu espazo a outras asociacións e entidades que puderon facer uso desta biblioteca.

Vaise deixar orfa unha boa parte da cidadanía, ademais de deixar o casco histórico sen un referente cultural.

Ante isto ANABAD-Galicia quere manifestar o rexeitamento ao peche de servizos culturais e nomeadamente á biblioteca que a Obra Social de Caja Madrid ten en Santiago de Compostela.

ANABAD-Galicia opina que se deben buscar solucións que impidan pechar este servizo para o que considera que pode existir algún acordo ou convenio coas administracións públicas. Queremos recordar que o Concello de Santiago ten un acordo coa Biblioteca Nova 33 da obra social de Novacaixagalicia que forma parte do centro sociocultural do Ensanche, polo que sería desexable que se pudese chegar a algún acordo deste tipo coa obra social de Caja Madrid que non implicase o peche desta biblioteca.

A Coruña, 30 de maio de 2012

A xunta directiva de ANABAD–Galicia

Seguindo as campañas contra o peche das bibliotecas da Obra Social de Caja Madrid-Bankia
Advertisements

6 respostas a “Peche da Biblioteca de Caja Madrid en Santiago

  1. Pingback: 45 Bibliotecas “desaparecidas” en Galicia |

  2. Pingback: As crebas » Sen esquecermos as bibliotecas no caloroso verán

    • Grazas polo post. Requiem pola Biblioteca de Caja Madrid en Santiago e parabéns pola de Agolada que seguirá aberta aínda que só uns días á semana.

  3. Pingback: Pecha a Biblioteca de Caja Madrid en Santiago

  4. ¿uN ACORDO CON CAIXAGALICIA BANK? ….Poca ganancia le auguro. Así estan las cosas…en pleno DESMANTELAMENTO . Tabla rasa, sen un peso e mirándo Tele5. este é o futuro.

  5. Carina Fernández Faya

    Desde logo coa pouca infraestrutura bibliotecaria municipal con que conta o Concello de Santiago é unha lástima que non se faga cargo dunha biblioteca xa montada e a pleno rendemento : persoal, equipamento e usuarios. Os actuais gobernantes teñen unha boa oportunidade para revitalizar as bibliotecas municipais que están prácticamente abandonadas : sen presposto propio, sen persoal estable cualificado,… están moi abaixo no ranking das bibliotecas españolas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s