Anabad Galicia ante o conflito da Biblioteca Central de Vigo

bvigo

Anabad Galicia, Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia, quere comunicar a súa opinión ante a “crise institucional” desatada con motivo da xestión da Biblioteca Central de Vigo.

Como entidade que agrupa aos profesionais das bibliotecas, cremos que se lle está facendo un fraco favor á cidadanía e ás bibliotecas públicas, e nomeadamenta á Biblioteca Central de Vigo, que se ve mergullada nunha polémica, da que nin a cidadanía nin os traballadores deste servizo público son merecedores, de ver cuestionada a súa existencia e a súa continuidade. Polémica aireada aos catro ventos na prensa que en nada favorecen a valoración deste servizo e o seu funcionamento.

Sen entrarmos a valorar quen ten razón nas reclamacións sobre a biblioteca, se o Concello ou a Xunta, cremos que se debe dar resposta a moitos interrogantes aos que as administracións están obrigadas a responder:

  • A cidade de Vigo debe contar cuns servizos bibliotecarios públicos de calidade para atender á cidadanía.
  • A biblioteca Central de Vigo e a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas, como únicas bibliotecas públicas da cidade, non chegan para atender á maior cidade do país cunha poboación que supera os 200.000 habitantes. Tanto a Xunta como o Concello deberían tomar cartas neste asunto.
  • A Xunta debe desenvolver a Lei 5/2012 de Bibliotecas que entrou en vigor en xullo de 2012 e que entre outros aspectos obriga a:
    • Crear o Consello de cooperación bibliotecaria de Galicia que poría en marcha un sistema de colaboración institucional sobre os servizos bibliotecarios no que estarían representados Xunta, concellos e deputacións, colaborando entre todas para dotar de máis e mellores servizos á cidadanía.
    • Elaborar e publicar o Mapa de Bibliotecas de Galicia que recoñece que tipo de bibliotecas deben existir e que tipo de servizos deben ofrecer á cidadanía. (Segundo a Lei de biblioteca debía ser aprobado aos seis meses de entrada en vigor da Lei, en xaneiro de 2012, e nestes momentos aínda continúa sen aprobar).
    • Elaborar e publicar os Estándares de bibliotecas públicas. Este documento é o que servirá para indicar que requerimentos terá que cumprir cada tipo de biblioteca en canto a instalacións, fondos, persoal, etc.

Mentras as institucións non cumpran a súa obriga co desenvolvemento da Lei de Bibliotecas e a xestión e mantemento dos servizos públicos, estarán propiciando que polémicas como a actual se repitan no futuro.

Cremos que este tipo de polémicas deben resolverse nun marco de colaboración institucional, e non de enfrentamento, contribuíndo a resolver os problemas da cidadanía e a mellorar as bibliotecas públicas.

Anabad Galicia ofrece a súa colaboración a todas as administracións públicas para manter e mellorar os servizos de bibliotecas de Galicia.

Na Coruña a 11 de Decembro de 2013

A Xunta Directiva de Anabad Galicia

Advertisements

Unha resposta a “Anabad Galicia ante o conflito da Biblioteca Central de Vigo

  1. Pingback: Anabad Galicia ante o conflito da Biblioteca Central de Vigo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s