24 Outubro, Dia da Biblioteca 2013

A data do 24 de Outubro foi escollida como día para sinalar a importancia das bibliotecas na sociedade. Esta data foi creada en 1997 pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil co apoio do Ministerio de Cultura. Para o 2013 o cartaz foi deseñado por Andrés Rábago (El Roto) con texto de Laura Gallego.

dia-biblioteca-2013

Queremos presentar unha mostra das actividades que se realizarán en Galicia para comemorar esta data. Se sabes de máis actividades por favor ponte en contacto con administracion@anabadgalicia.net para que as podamos difundir.

ALGUNHAS ACTIVIDADES NAS BIBLIOTECAS GALEGAS:

Bóveda: Biblioteca Municipal: Te e le na biblioteca: a biblioteca convida a tomar un te con pastas e botar unha ollada á Exposición de Libros históricos e a coñecer as últimas novidades; Visitas escolares con lectura do manifesto; Agasallo de libros a novos socios; Exposición de traballos do II Concurso de carteis Feira Outrora… Programa

Caldas de Reis: Biblioteca Municipal P.M. Martínez Ferro: Mandalas de contos con Marisa Irimia para nenos e nenas maiores de 4 anos ás 18h.

Cambre: Bibliotecas Municipais: Agasallo de un libro a todas as persoas que ese día visiten as bibliotecas.

O Carballiño: Biblioteca Municipal: Mañá: visita á biblioteca de Aspadisi (asociación de persoas con minuscalías), elaboración de marcapáxinas e agasallo de libros. Tarde: contacontos e obradoiros  infantís ás 17,30h. e agasallos a todos de libros a todos os visitantes á biblioteca.

A Coruña: Biblioteca da Deputación Provincial: Video promocional da biblioteca; Lectura do manifesto e lanzamento de globos; Obradoiro de libros en 3D; Formación de usuarios no uso de dispositivos electrónicos de lectura; Exposición “coñece a túa biblioteca”; A biblioteca na rúa… Programa 

A Coruña: Bibliotecas Municipais: Actividades nas diferentes bibliotecas: Biblioteca do Ágora: A primavera árabe esgotouse, conferencia con Nazanín Armanián. Biblioteca de Estudos Locais: Presentación do Libro de Paco Campos “O fillo de Maciste” con música en directo. Biblioteca Sagrada Familia: Mostra bibliográfica Ex-Libris; Libros solitarios en busca de dono; Música con Najla Shami e Sérgio Tannus. Biblioteca Municipal Forum Metropolitano: Maratón de cuentos “Silencio se cuenta”; Tendal de poesía; Libro de visitas… Programa do Forum

Tendal literario

A Coruña: Biblioteca González Garcés: Xornada de portas abertas, Bookcrossing, Sorteo de cesta de libros, Biblioteca Quitapenas, Contos maravillosos do mundo para a igualdade, para nenos con Gemma Pardo… Programa

Dumbría: Bibliotecas Municipais: Mostra Bibliográfica 150 aniversario de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro; Cruce de libros nas bibliotecas do concello: trae un libro e leva outro. Programa

O Grove: Rede de Bibliotecas Municipais: Contacosntos; Xornada de portas abertas; A Historia do esquío rampante: contacontos e obradoiro con Mau e Pin de “Polo correo do vento”. Programa

Lalín: Biblioteca Municipal: VIII Concurso de Bibliomascota cos colexios do concello; Obradoiro literario de poesía e narrativa.

Comarca de Lemos: cea organizada por LEMOS, LE (Colectivo de bibliotecarias/os da Comarca de Lemos, asociación de librerías, e en definitiva un espazo aberto a participación de todas as persoas vinculadas dalgún xeito o mundo da literatura).

Lugo: Biblioteca Nodal: semana dedicada ao Día da Biblioteca con: Xornada de protas abertas, Á busca do tesouro, Monicreques, Vídeos e Pequeno Museo Itinerante de Obxectos e fragmentos de contos” José Campanari. Programa

Monforte de Lemos: Biblioteca Municipal: Contacontos na sala infantil ás 18h.

Oleiros: Bibliotecas Municipais: Amplo programa de actividades en todas as bibliotecas: contacontos, obradoiros, exposicións, agasallos… Programa

Ourense: Biblioteca Pública: Vistas guiadas; “Odisea na Biblioteca”; Sorteo de lotes de libros; Vistas escolares; Conversas de idiomas… Programa

O Pino: Biblioteca Municipal: xornada de portas abertas. Agasallos para todos os que se acheguen á biblioteca e representación de Baobá Teatro “Bailando cos contos”.

Ponteareas: Biblioteca Municipal: Concurso de narración de contos nos centros escolares con premios en lotes de libros e representación do Conto gañador. Bases do concurso.

Ponteareas

Redondela: Bibliotecas Municipais: Emisión radiofónica de breves fragmentos literarios, con especial referencia ás bibliotecas, lidos  polo personal da biblioteca municipal e polos bibliotecarios e colaboradores das bibliotecas dos centros de secundaria.  A Radio Municipal de Redondela emitiraos ao longo do día 24, intercalados na súa programación.

Ribadavia: Biblioteca Municipal: celebración do 50º aniversario da creación da Biblioteca, contacontos infantil a cargo de Sherezade Bardají titulado “Onde viven os monstros”, e sorteo de libros. 

Santiago: Biblioteca Ánxel Casal: Xornadas de portas abertas, Visitas guiadas, Regalos de lotes de libros, Obradoiro para rapaces de axudantes de biblioteca, Monicreques con Títeres Cachirulo e máis… Programa

Sober: Biblioteca Municipal: en colaboración co CEIP Virxe do Carme: lectura do pregón e exposición do cartel do día da biblioteca que será adaptado polos escolares; Presentación de Lemos (asociación para potenciar a lectura na comarca); Obradoiro de marcapáxinas e agasallos. Programa

Tui: Biblioteca Municipal: II Concurso de Fotografía “Lendo na casa”; Obradoiro “Anxo e os contos de aventura, fantasía e medo”; Contacontos… Programa

Verín: Biblioteca Municipal: contacontos e manualidades para nenos e nenas de 3 a 9 anos.

Vigo: Biblioteca Municipal Neira Vilas: encontro con escolares, acompañado polo escritor e ilustrador Jacobo Fernández para falar da importancia das bibliotecas. Programa

Vigo: Biblioteca Pública Central de Vigo: Xornada de portas abertas; Obradoiros; Contacontos; Ciencia e Maxia; Centros de interese: a biblioteca nos contos e Selección de escritores galegos en Vigo… Programa

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s