Declaración Universal sobre os Arquivos

ANABAD Galicia diriuxe aos grupos políticos do Parlamento de Galicia solicitándolles a súa adhesión á Declaración Universal sobre os Arquivos.

Esta Declaración, avalada pola Conferencia Xeral da Unesco en novembro de 2011, recoñece  que “os arquivos rexistran decisións, accións e memorias. Os arquivos son un patrimonio único e insubstituíble que se transmite dunha xeración a outra. Os arquivos son xestionados desde a súa creación para conservar o seu valor e significado. Son fontes fiables de información que fundamentan accións administrativas seguras e transparentes. Xogan un papel esencial no desenvolvemento das sociedades salvagardando e  contribuíndo á memoria individual e colectiva. O libre acceso aos arquivos enriquece o noso coñecemento da sociedade humana, promove a democracia, protexe os dereitos da cidadanía e mellora a calidade de vida”.

Entre outras cuestións tamén recoñece:

  • o carácter único e a necesidade vital dos arquivos
  • e o papel dos arquiveiros como os profesionais cualificados que garanten o proceso de produción dos documentos e seleccionan, manteñen e fan accesibles eses documentos para o seu uso.

A adhesión a esta declaración compromete tamén a adoptar e aplicar políticas apropiadas e leis en materia de arquivos, a que se destinen recursos axeitados para asegurar a correcta xestión dos arquivos, incluído o emprego de profesionais debidamente formados  ou a que os arquivos sexan accesibles a todo o mundo, mentres se respecten as leis que lles atinxen e os dereitos dos individuos, produtores, propietarios e usuarios.

Consello Internacional de Arquivos (ICA): Declaración Universal sobre os Arquivos

ICA-DUA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s