Arquivos diarios: 03/06/2013

Día Internacional dos Arquivos 2013

Con motivo da celebración o próximo 9 de Xuño do Día Internacional dos Arquivos, ANABAD Galicia emitiu un comunicado defendendo a necesidade dos arquivos na sociedade. Con este post queremos contribuír a difundir as actividades nos Arquivos galegos:

Arquivo central da Consellaría de Cultura:

Arquivo de Galicia:

Arquivo Deputación da Coruña:

  • Xornada de Portas abertas e Exposición A Deputación e a súa Historia o venres 7 de xuño ás 12h.
  • Programa

Arquivo do Reino de Galicia:

  • Na semana do 2 ao 7 de xuño organiza visitas guiadas polas instalacións do arquivo e do laboratorio de restauración, acompañada de unha mostra de documentos.
  • É necesario anotarse previamente por tel.: 981 209 251 ou no email: arq.reino.galicia@xunta.es
  • Programa completo

Arquivo Xeral Territorial de Lugo:

  • Organizará visitas guiadas o día 7 de xuño, ás 10 horas e ás 12 horas dirixidas aos empregados públicos, posibles usuarios deste centro. Os interesados deberán dirixirse ao Arquivo Xeral da Xunta de Galicia, segundo andar, no edificio administrativo de Lugo (982 294 240)

Arquivo Histórico Provincial de Lugo:

  • Semana de portas abertas, entre os días 3 e 7 de xuño na que se darán a coñecer as salas de proceso técnico de organización de documentos, o taller de restauración, os depósitos documentais, e a totalidade do traballo que se fai para a conservación e difusión dos documentos.
  • Tamén se mostrarán unha escolma de documentos, desde pergameos ata expedientes administrativos que acreditan as actividades desenvolvidas polas administracións e os cidadáns desde a Idade Media ata a actualidade.
  • Programa completo

É indispensable realizar reserva previa no tel 982 227 956 ou no e-mail: ahp.lugo.informacion@xunta.es

Arquivo Histórico Provincial de Ourense:

  • O venres 7 de xuño, o Arquivo Histórico Provincial de Ourense celebrará o Día Internacional dos Arquivos cunha xornada de portas abertas na súa sede da rúa Hernán Cortés 2, con visitas ás 12.30h. e ás 18.30h. nas que se amosarán documentos xerados no exercicio da fe pública por escribáns e notarios de distintas épocas.
  • Programa completo

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra:

O venres 7 de xuño organiza as seguintes actividades:

  • Xornada de portas abertas con visitas guiadas ás instalacións do arquivo ás 11, 13 e 17h. Inclúe a visita á exposición de documentación catastral na sala dos Masós: desde o Marqués de la Ensenada até o s. XX.
  •  19h. Conferencia de Rafael Vallejo Pousada: A documentación catastral no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra; e velada musical a cargo da cantautora pontevedresa Fátima Baña.
  • Programa completo

ahppontevedra

Advertisement

Comunicado Anabad-Galicia polo Día Internacional dos Arquivos 2013

icaO próximo día 9 de xuño, celébrase o Día Internacional dos Arquivos, que conmemora a creación, o 9 de xuño de 1948, do Consello Internacional de Arquivos (ICA/CIA), pola UNESCO.

A data escollida pretende resaltar e facer visible o valor dos Arquivos ao servizo da xestión de documentos, da información e dos dereitos da cidadanía, da investigación, da preservación da memoria e da transparencia.

Con tal motivo, ANABAD – Galicia desexa manifestar ante a comunidade arquivística e ante os responsables políticos que, en Galicia aínda temos moito camiño por percorrer:

  • Demandamos dos nosos representantes públicos que as políticas arquivísticas formen parte dos seus programas e que as súas propostas sexan resultado de estudo e reflexión e non da improvisación que supón dar resposta á actualidade.
  • Precisamos, e demandamos unha vez máis das nosas autoridades a creación do Sistema Galego de Arquivos, que cree os centros, os dote de persoal e marco lexislativo que garanta a eficiente xestión administrativa, os dereitos e deberes da cidadanía, a preservación da memoria e a transparencia.
  • Manifestamos o noso convencemento pleno de que os Arquivos son ferramentas estratéxicas para as administracións públicas, capaces de facilitar a optimización da súa eficacia e produtividade.
  • Coñecemos que os arquiveiros son pezas fundamentais para a implantación, organización e desenvolvemento efectivo da administración electrónica cara á que avanzamos a cotío.
  • Entendemos que as administracións públicas deben avanzar no camiño de desclasificar documentos e favorecer o acceso á información por parte da cidadanía e da investigación.
  • Sabemos que non hai transparencia posible sen custodia, conservación e acceso á información, que nos permitan obter máis e mellor calidade democrática.
  • Reivindicamos o papel central dos arquiveiros na recollida, xestión, custodia, conservación e difusión dos documentos, e o seu dereito, no ámbito público, a unha carreira administrativa recentemente minguada.
  • Lembrámoslle ás empresas e ás corporacións que as posibilidades de negocio vincúlanse tamén á organización, difusión e control da información que fan os profesionais.
  • Garantimos a nosa decidida vontade de continuar traballando como ata o de agora, polos arquivos e polos arquiveiros, polo recoñecemento do seu papel no ámbito das organizacións públicas e privadas, e pola visibilidade do seu silencioso e eficaz traballo.

Xunta Directiva de ANABAD – Galicia

Xuño de 2013