Días do Libro, Abril 2013

En Abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de Abril) e o Día Internacional do Libro (23 de Abril). Desde ANABAD-Galicia queremos axudar a difundir as actividades que con motivo destas celebracións se van realizar nas bibliotecas galegas.

CartazLIX2013

Mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Lemos xuntos, ti e eu. Vemos que as letras forman palabras e as palabras convértense en libros que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

Poema de Pat Mora
Tradución: Concha Blanco

(En actualización)

 Agolada: Biblioteca Municipal

Antas de Ulla: Biblioteca Municipal

  • 2 de Abril e 23 de Abril: presentación da biblioteca e o seu funcionamento,reparto de marcapáxinas con  fotos de libros da biblioteca, relacionados co tema ” a toda máquina” que é o lema do salón do libro de Pontevedra e tamén do concurso letras galegas. Para segundo e terceiro ciclo de primaria.
  • 26 de Abril: Hora do conto, 15,30h. para primeiro ciclo de primaria

Arteixo: Rede de Bibliotecas Municipais

  • Contacontos con David Loureiro, Soledad Filloza, Chrystian Magic, Caxoto; Cocicontos con Bululú; Posto da Biblioteca no Feirón; Mistura III: Música e poesía, e moito máis. Programa completo.

Caldas de Reis: Biblioteca Municipal

  • 2 de abril: “Libros viaxeiros” Obradoiro de bookcrossing para nenos e adultos.
  • 19 de abril : Sesión de contos a cargo da agrupación Pavís-Pavós
  • 23 de abril: “A biblioteca nas ondas: especial Día do Libro” Programa de radio en directo desde a biblioteca onde participan veciños de todas as idades facendo as súas recomendacións de lectura.

Cambre: Bibliotecas municipais

  • 3, 4 e 5 de abril: sesións especiais coa mascota O Moucho Leroucho, dedicadas  á Literatura infantil latino-americana. Recitais de versos da escritora arxentina María Elena Walsh… E para rematar, o marabilloso poema da autora mexicana  Pat Mora, da Mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil.
  • Bookcrossing. Liberaremos 10 libros en cada unha das catro bibliotecas. Os encargados de realizar esta  “solta”  serán nenos e nenas, elexidos mediante sorteo presencial.

Carballiño: Biblioteca municipal

  • 2 de Abril: Obradoiros de marcapáxinas, contacontos, libros de agasallo para participantes. De 17,30 a 19h.
  • 22 de Abril: É un libro… electrónico: explicación sinxla para nenos.
  • 23 de Abril: Obradoiro “Un libro unha flor” elaboración de flores de papel.
  • 24 de Abril: Contacontos na rúa, elaboración de marcapáxinas, camisetas…
  • 25 de Abril: Contacontos Morgama e Artur na biblioteca. Elaboración de títeres con material reciclado
  • 26 de Abril: Contacontos Morgama e Artur na Biblioteca

Corcubión: Biblioteca Municipal

  • 26 de Abril: “Os contos de Pablísimo”: os contos de sobremesa, ás 18,30h. na Casa da Cultura

Coruña: Biblioteca da Deputación

  • 2 de abril: Conto de Andersen para colorear, marcapáxinas, regalos de libros…
  • 5 de abril: Obradoiro de Art Book cos contos de Andersen de 18 a 20h. Programa completo
  • Actividades do 23 de Abril: amplo programa que se pode descargar completo:
  • Teatrillo de contos de 18 a 20h.
  • Exposicón de libros “Los más…” prestados, traducidos…
  • Biblioteca móbil: biblioteca na rúa
  • Visita guiada á biblioteca, sesións ás 12 e 18h.
  • Cada préstamo un libro: por cada libro prestado recibirás un de agasallo

Coruña: Biblioteca González Garcés

  • 2 de Abril: Bookcrossing: liberación masiva de libros na biblioteca
  • 2 de Abril ás 18h. no CGAI: proxección da película O Bosque Animado
  • 6 de Abril, no salón de actos ás 12h.: Contacontos con Pablísimo

Coruña: Bibliotecas municipais

  • Visitas guiadas, Libros nas estacións de bus e tren, concentración lectora no obelisco, Flashmob, Photocall, Bookcrossin… Exosicións bibliográficas: A Coruña un escenario de novela e Libros ara ver… e moito máis. Consulta o programa completo.

municipaiscor

O Grove: Biblioteca Municipal

  • Todo o mes con diversas actividades: En abril a lectura imos descubrir, Bibliofamilia con títeres e nanocontos… Bibliopeques, Biblioazul, Biblioarte… Descarga o programa completo.

Lalín: Biblioteca Municipal

  • Actividades do día 23 de Abril:
  • Obradoiro de ilustración con Pepe Carreiro en varias sesións ao longo do día.

Lugo: Biblioteca Nodal

  • Amplo programa de actividades durante todo o mes para nenos e adultos: Obradoiros, narración, contacontos, exposicións… Descarga o programa completo.

Melide: Biblioteca Municipal

  • 1 ao 6 de Abril: Exposición Querido Balbino no edif. Multiusos de Melide
  • 2 ao 23 de Abril: mosta de libros: As Mil Carapuchiñas
  • 23 de Abril: Paula Carballeira, encontro co alumnado de primaria 

Oleiros: Rede de Bibliotecas Municipais

  • 23 de Abril, Día do Libro: “En Abril, Libros mil”, multitude e variadas actividades que podes ver no Programa Completo
  • XXII Campaña de Promoción da Lectura nas Bibliotecas
  • Obradoros de Ilustración e Banda Deseñada
  • Obradoiros infantís e xuvenís de poesía a cargo de Yolanda castaño
  • Obradoiros sobre Vidal Bolaño a cargo de Rubén Ruibal
  • A Hora do Conto
  • Tertúlias literarias…

Ordes: Biblioteca Municipal

  • Actividades do día 23 de Abril:
  • Mostra de novidades bibliográficas
  • Visitas escolares das escolas unitarias do concello
  • Lectura de narracións escritas polo alumnado que será retransmitida pola radio  local
  • Obradoiro de plastilina

Ponteareas: Biblioteca Municipal

Ponteareas

  • O 2 de abril haberá unha lectura aberta para todos os nenos e pais que se acheguen á biblioteca a partir das 18h. para dedicar ao Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
  • O 23 de abril co motivo do Libro realizarase outra lectura aberta pero esta vez de Don Quixote da Mancha a partir das 18 horas.
  • O 25 de abril realizarase a Hora do Conto como se ven realizando todos os xoves ás 18h., pero esta vez conmemorando o Día do Libro cos máis pequenos.
  • Visitas escolares guiadas ao Museo e á Biblioteca Municipal durante os meses de abril e maio.

Porto do Son: Biblioteca Municipal Xerardo Díaz

  • 2 de abril: ás 19,30h. inauguración da exposición “Vai de mar” co apoio da Fundación Caixa Galicia e Gálix. Albuns ilustrados de  Kalandraka, Xerais, Galaxia, OQO… e 17 cadros. Horarios de  9 a 15 e de 18 a 19.30h., de luns a venres e sábados e domingos de 18 a 19.30h. Aberta até o 21 de abril, na Casa da Cultura de Porto do Son.
  • 23 de Abril: Antía, Wamba e o regato pequeno, da compaía A Tropa de Trapo, ás 10,30h. para nenos de 8 a 10 anos
  • 23 de Abril: na biblioteca municipal entrega dos premios do concurso Cartas Solidarias ás 12,30h. Ás 20,30h. na Casa da Cultura recital poético Has de cantar con poemas de Rosalía de Castro.
  • 24 e 26 de Abril: Visitas escolares e Obradoiro de iniciación á lectura “Viaxes de Papel” en colaboración coa ludoteca Municipal

Redondela: Bibliotecas municipais

  • Lectura da mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil en Radio Redondela, no programa “A Estación”. O Martes 2 de Abril
  • Concurso: ponlle o teu final ao conto de Hans Christian Andersen: “A Sereíña”. Ata o Venres 5 de Abril.
  • Homenaxe a Hans Christian Andersen nos nosos perfiles de Facebook, martes 2 de Abril
  • Contacontos polo 8º Aniversario da Biblioteca de Chapela, con Leo Leíño. O Venres 12 de Abril
  • V Semana do Libro A Festa das Palabras, do 15 ao 25 de Abril: Exposicións, presentacións de obras, recital poético… Programa completo.
  • 26 de Abril: AML Chapela: Leolo mergúllase en Galicia, coa colaboración do alumnado do IES de Chapela, ás 18,30h. para nenos de 3 a 8 anos. (A actividade continuará os días 3 e 8 de maio)

Redondela

Ribadavia: Biblioteca Municipal

  • Proxecto “Coñece a colección local” cunha mostra bibliográfica
  • 23 de abril, proxección audiovisual sobre o proxecto “Coñece a colección local” para nenos de 5º e 6º de Primaria
  • 24 de abril Contacontos a cargo de Carmen Domech “Contacontos de Libros contentos”
  • 25 de abril contacontos teatralizado “O aviador” da compañía Elefante Elegante

Rois: Biblioteca Municipal

  • 13 de Abril: obradoiro de marcapáxinas de 11 a 13h.
  • 17 de abril: Espello deportivo con Rubén Ríos e Charo Piñeiro, ás 12h.
  • 20 de abril: obradoiro de gomaespuma de 11 a 14h.
  • 27 de abril: obradoiro de cociña infantil
  • Do 22 ao 26 de abril: Exposición Querido Balbino no edificio multiusos. O día 24 ás 11,30h. contará coa presenza de Neira Vilas.
  • 23 de abril: Contacontos As Formigas de Casahamlet, ás 12h.

Santiago: Biblioteca Ánxel Casal

SantiagoBPS

Santiago: Centros Socioculturais

  • Contos de Sobremesa con Pablisímo no Centro Sociocultural de Conxo o 18 de Abril ás 19,30h. 
  • Letras na corda: obradoiro cooperativo nos centros socioculturais, comeza o 23 de abril no local social de Amio de 18,30 a 20,30h. Continúa en abril e maio noutros centros sociais.
  • Descarga o programa de abril

Santiago: Fundación Granell

  • o 23 de abril, a Fundación Granell, unirase a outros  centros e museos de todo o mundo nunha experiencia de Bookcrossing, na que se liberarán máis de 5.000 volúmenes.
  • o 23 de abril, Libro por libro: feira de troco de libros na Fundación Granell. Proposta dirixida a persoas e institucións que desexen cambiar os seus libros co stock ofrecido pola biblioteca da Fundación.  A biblioteca  conta nos seus fondos con libros duplicados (novos e usados) das áreas de cultura, arte, ciencias sociais e publicacións propias da Fundación, que serán facilitados co fin de trocalos por libros sobre o surrealismo, vangardas e arte étnica.

O Saviñao: Biblioteca Municipal

Sober: Biblioteca municipal

  • 2 de abril:  ás 12h. coa participación dos centros educativos: lectura da mensaxe de Pat Mora e difusión do cartel do Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil; Obradoiro de elaboración de puzzles a partir dos contos de Andersen
  • Bookcrosing
  • Actividades do 23 de Abril:
  • Audiovisual adicado a Don Quixote de la Mancha, pase no CEIP Virxe do Carme ás 12h.
  • Excursión co Clube de lectura da Biblioteca Pintor de Castinande e a Biblioteca do Saviñao, 17h. en Escairón

Verín: Biblioteca Municipal

  • O martes 2 de Abril, en conmemoración do día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a Biblioteca Municipal de Verín, promove actividade de Contacontos e Manualidades, dirixidas a nenos/as de entre 3 a 9 anos
  • 19 de Abril: Contos viaxeiros, ás 18h. de 3 a 9 anos.
  • 23 de Abril: Cantacontos con Merchy Rozas, de 3 a 9 anos, actividada coordinada polo voluntariado da biblioteca.

Vilagarcía de Arousa: Biblioteca Municipal

  • Actividades do 23 de Abril:
  • Contacontos de Libros contentos: actividade de integración co colexio Bata-Os Mecos de Baión, ás 10,30h.
  • Obradoiro de creación de marcapáxinas: de 17 a 20h.
  • Regalo de libros

Vigo: Biblioteca Central da Universidade

uvigo

  • 23 de Abril: Guerrilla laneira na Biblioteca Central de Vigo: Yarn Bombing, grandes letras de cores tecidas polo persoal da biblioteca e colaboradores que se poñerá na entrada da biblioteca.

Vigo: Biblioteca Nodal

  • Día do Libro infantil e xuvenil: visita escolar na que se lera o manifesto.
  • Bookcrossing sumándose á proposta de OEPLI e Gálix
  • Exposición: Benvida primavera
  • Día do Libro: sorteos de libros 

Vigo: Biblioteca Xosé Neira Vilas:

  • A Biblioteca Neira Vilas vai adicar todo o mes de abril, incluídas as datas do Día do Libro Infantil e Xuvenil e Día do Libro, a conmemorar o 150 aniversario da Edición en Vigo de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Ademáis das datas destacadas deste mes, o resto de actividades de carácter permanente xirarán tamén ao redor da figura de Rosalía.

Tui: Biblioteca Municipal

  • A Biblioteca Municipal de Tui conmemorará o Día do Libro Infantil e Xuvenil o 2 de Abril cun obradoiro e contacontos arredor das obras de Hans Christian Andersen para nenos de 4 a 10 anos, ás 18h.

Xermade: Biblioteca Municipal

  • 25 de Abril: Contos de Akí e de Akolá con Marisa Irimia ás 18h.

Deixar un comentario