Desde ANABAD-Galicia queremos facernos eco da decisión de Javier Marías de rexeitar o Premio Nacional de Narrativa e da súa defensa das Bibliotecas Públicas. Na rolda de prensa na que manifestou o rexeitamento do premio e da súa dotación económica expuso:
“Creo que es mejor que ese dinero el Ministerio lo destine a lo que le parezca. Ojalá lo destinaran a las bibliotecas publicas, que han recibido un presupuesto de 0 euros para 2013, lo cual me parece escandaloso. Entiendo que haya recortes en Cultura cuando es necesario, a sectores como el cine, el teatro, la ópera, que son efectivamente caros, pero no entiendo que afecte a las bibliotecas públicas. Que el presupuesto sea 0 para las bibliotecas públicas me parece escandaloso”.
Agradecemos a súa coherencia nestes tempos difíciles, e como colectivo que agrupa aos profesionais dos arquivos, bibliotecas, centros de documentación e museo, o seu apoio ás Bibliotecas Públicas como centros de atención preferente que non se deben descoidar, posto que teñen unha misión fundamental nas comunidades ás que serven, como elemento dinamizador e nivelador das diferenzas.