Arquivos diarios: 23/10/2012

O Arquivo de Galicia recibirá o fondo documental e a biblioteca de Olga Gallego

Polo seu interese reproducimos o artigo da doazón do fondo documental e biblioteca de Olga Gallego ao Arquivo de Galicia:

Olga Gallego foi directora do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e membro da Real Academia Galega. De forma paralela á súa vida profesional, desenvolveu unha constante actividade como investigadora no campo da arquivística e dos arquivos e da historia en múltiples aspectos relacionados coa historia económica, social e administrativa de Galicia en xeral e da súa cidade en particular. Algúns dos traballos que produciu constitúen achegas singulares e relevantes nestas disciplinas.
O fondo documental ten un volume de 5,6 metros lineais (49 unidades de instalación). Neste conxunto atópanse documentos de carácter persoal xunto con outros relacionados coas súas actividades profesionais e intelectuais. Estes son os de maior interese e extensión. É salientable o voluminoso ficheiro elaborado a partir de documentos de diversos arquivos, pero especialmente do Histórico Provincial de Ourense. Moitas das referencias que o integran foron utilizadas por ela nos seus traballos, pero outras moitas permanecen inéditas e constitúen un conxunto de datos de extraordinario interese que poderá ser utilizado polos investigadores. O ficheiro constitúe ademais, en por si, un extraordinario testemuño da forma de traballar e de investigar que tiña Olga Gallego.
A súa biblioteca profesional, en fin, composta por máis de 500 títulos, resultará de gran utilidade tanto aos profesionais do Arquivo de Galicia como a calquera cidadán que desexe consultalo. O seu catálogo áchase xa dispoñible no enderezo:
Advertisement