A data do 24 de Outubro foi escollida como día para sinalar a importancia das bibliotecas na sociedade. Este ano o pregón foi realizado por José María Gutiérrez de la Torre, presidente da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil e a ilustración é de Juan Ramón Alonso.
As Bibliotecas Galegas preparan actividades relacionadas con esta celebración. Dámos conta de algunhas actividades que coñecemos para que contribuir á súa difusión. Se sabes de máis actividades por favor ponte en contacto con administracion@anabadgalicia.net para que as podamos difundir.
Actividades (en construción):
Agolada: vistas escolares, obradoiros, contacontos, pregón e merenda na biblioteca.
Antas de Ulla: agasallo de libros a todos os visitantes durante o día 24.
Baiona: Biblioteca Municipal: Contacontos infantil “A que sabe a lúa”. Lectura do pregón do día das Bibliotecas, entrega de premios a mellores lectores. Lecturas en público.
Bóveda: Biblioteca Municipal: xorada de portas abertas de 11 a 19h. Visitas escolares e agasallo de libros a todos os visistantes e novos asociados.
O Carballiño: Biblioteca Municipal: Obradoiro de marcapáxinas, contaconto infantíl, agasallos de libros.
Corcubión: Biblioteca Municipal: Agasallo de libros a visitantes e novos asociados.
A Coruña:
- Biblioteca da Deputación: Bibliotecarios por un día: xornadas de portas abertas, exposición fotografía, manexar un e-reader, actividades infantís, posto de información na rúa, visita guiada… Programa completo
- Biblioteca Pública González Garcés: xornada de portas abertas: visita a biblioteca, sorteo de libros, bookcrosing, campaña “amo as bibliotecas públicas”: escritura de cartas de amor á biblioteca, presentación de libros e títeres. Programa completo
- Biblioteca Municipal Forum: “Le, escoita, mira: visual session”: sesión de Video DJ: música en directo e proxeccións con mostra permanente de documentos na se que poderá levar en préstamo o pack: CD+libro+peli. Inauguración do Club de Lectura de Comics.
Fene: Biblioteca Municipal Xosé María Pérez Parallé: no día 24 de outubro fan coincidir a efeméride do día da biblioteca co aniversario da morte de Marilyn Monroe e a doazón dun importante fondo sobre cine. Proxección de películas de Marilyn Monroe.
Ferrol: Biblioteca Municipal: contacontos na sala infantil con Pablísimo e regalo de libros ás persoas que realicen préstamos ou se asocien durante ese día.
Lugo: Biblioteca Pública: Día 24, “Cafés filosóficos” para adultos e “que será será” para todos os públicos. Lectura do pregón na biblioteca infantil ás 17:55h. Ver as actividades de Outubro.
Oleiros: Rede de Bibliotecas Municipais: programa completo de todas as bibliotecas con multitude de actividades: agasallos de libros, contacontos, exposicións…
Oroso: Biblioteca Municipal: Contacontos e obradoiro infantil por Xandobela.
Ortigueira: Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre: Obradoiro infantil Bibliotecari@ por un día.
Redondela:
- Bibliotecas Municipais: O 24 de Outubro agasallo aos usuarios que leven préstamos na biblioteca cunha camiseta conmemorativa dos premios María Moliner (nas bibliotecas de Redondela e de Chapela)
- Biblioteca de Chapela: Contacontos especial 24 de Outubro
Ribadavia: Biblioteca Municipal: Obradoiro infantil e agasallos de libros.
Santiago de Compostela: Biblioteca Ánxel Casal: amplo programa de actividades entre as que sinalamos: concurso de fotografía, roteiro literario, regueifas, concertos, abrazar a biblioteca dentro da campaña Eu Amo as Bibliotecas Públicas, visitas guiadas. Programa completo e podes visitar as súas actividades na súa web.
O Saviñao: Biblioteca Municipal: bookcrosing, exposición de novidades e libros sobre a biblioteca, contacontos sobre libros e bibliotecas.
Sober: Biblioteca Municipal: Visita escolar e lectura do manifesto do Día da Biblioteca, decoración da biblioteca con globos de cores rotulados polos nenos/as cós seus contos ou persoaxes favoritos. O Alcalde fará entrega dunha carta dirixida aos integrantes da corporación municipal na que os invita a visitar e asociarse á biblioteca. Contacontos infantil: “Os bolechas queren saber como é unha biblioteca”.
Tui: Biblioteca Municipal: Lendo na Casa, I Xornadas Lectura e Familias do 21 ao 25 de Outubro
Verín: Biblioteca Municipal: Contacontos e manualidades que se poden seguir desde a súa web e facebook.
Vigo: Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas: Encontro con escritores… Francisco Castro e Contos do Medo