Web social para profesionais da información: estar e saber estar como organismos de información nas redes sociais
Edición on-line
Datas: do 10 de abril ao 11 de maio 2012
Destinatarios:
- Profesionais das bibliotecas e a documentación
- Estudantes das titulacións de Biblioteconomía e Documentación
Profesorado:
Catuxa Seoane, licenciada en Documentación e Diplomada en Biblioteconomía, autora do blogue Deakialli DocuMental www.deakialli.com. Actualmente traballa en LTM Servicios Documentales, desenvolvendo labores de Coordinadora de redes sociais no Sistema de Bibliotecas Municipais da Coruña.
Horas:
Duración do curso 30 horas
Prazas:
O número de prazas está limitado a 30. Durante o prazo de preinscrición do 8 ao 22 de marzo terán prioridade nas prazas os socios de ANABAD-Galicia, unha vez acabado este prazo a adxudicación será por orde de preinscrición.
Titulación:
Certificado de realización do curso.