Orzamentos de Bibliotecas 2012

A Asociación ANABAD-Galicia que agrupa os profesionais dos servizos de arquivos, bibliotecas e centros de documentación de Galicia, quere manifestar a súa opinión sobre a proposta de orzamentos para as Bibliotecas públicas do ano 2012.

En primeiro lugar queremos deixar patente a diminución do orzamento, nun total de 853.660€, nas partidas dirixidas ao mentemento das instalacións, equipamento, actividades e adquisición de fondos para as bibliotecas públicas de Galicia.

Este recorte pode ser entendíbel nun momento de crise como o actual e comprendemos que se poida producir no total da partida orzamentaria. Co que non poderíamos estar de acordo é con que estas partidas, unha vez aprobadas, fosen recortadas ou directamente eliminadas como aconteceu no orzamento do ano 2011, tal e como deixamos patente no comunicado público que desde a Asociación emitimos o 19 de Abril de 2011. (http://agabad.blogsome.com/2011/04/19/comunicado-de-anabad-galicia-ante-os-recortes-nas-bibliotecas-publicas/)

Por outra parte, na reunión mantida co Conselleiro de Cultura, co Director Xeral do  Libro, Arquivos e Bibliotecas e co Subdirector de Bibliotecas o pasado 31 de maio de 2011, indicáronselle varios asuntos, relacionados co orzamento: (http://agabad.blogsome.com/2011/06/07/reunion-de-anabad-galicia-coa-consellaria-de-cultura-2/)

O pasado 23 de Novembro a Xunta Directiva de Anabad-Galicia mantivo unha reunión cos responsables da Consellería de Cultura no que tamén se tratou o tema dos orzamentos para o 2012, no que se plantexaron cuestións que consideramos importantes para manter o funcionamento e a calidade dos servizos nas bibliotecas públicas entre os que destacaban:

  • O mantemento das partidas para adquisición de fondos documentais nas bibliotecas, pola vía do cofinanciamento coas partidas destinadas pola Xunta e polo Ministerio de Cultura. No correspondente ao ano 2012 a partida destinada pola Xunta é de 1.500.000€
  • O mantemento das partidas para a realización de actividades nas bibliotecas públicas (nodais e municipais) que, en anos anteriores se realizaban baixo o nome de Letras Vivas, e se executaban tamén pola vía de cofinanciamento cos concellos. A  partida destinada pola Xunta para este concepto é de 250.000€
  • A incorporación da partida de formación do persoal bibliotecario que, no orzamento do ano 2011 non existiu, e no 2012 será de 15.000€

Ante isto declaramos:

  • Que aínda que se produciu un recorte nas partidas, estas mostran un interese en manter os servizos nas bibliotecas públicas.
  • Que se mantén, aínda que recortada, a partida de adquisición de fondos bibliográficos e que esta debe chegar a todas as bibliotecas públicas, non só ás bibliotecas nodais.
  • Que, da mesma maneira, a partida de actividades culturais e de animación á lectura debe chegar íntegra a todas as bibliotecas públicas.
  • Que se incluiu, tal e como se pedía desde ANABAD-Galicia, unha partida para a formación de persoal.

Desexamos que estas partidas se destinen integramente aos gastos executados durante o exercicio 2012 e non se imputen a outros gastos ou anualidades.

Orzamentos 2011

Orzamentos 2012

Bolsas Bibliotecas

272.000

Bolsas bibliotecas

243.920

Equipamento rede bibliotecas (mobiliario)

232.339

Equipamento rede bibliotecas (mobiliario)

64.800

Equipamento informático para a rede

360.570

Equipamento informático para a rede

90.000

Lotes fundacionais e adquisición de fondos bibliográficos

1.800.000

Lotes fundacionais e adquisición de fondos bibliográficos

1.500.684

Promoción da lectura e do libro

700.000

Promoción da lectura e do libro

346.845

Actividades culturais e de animación á lectura en bib.

250.000

Cursos de Formación para bibliotecarios

15.000

Total 2011

3.364.909€

Total 2012

2.511.249€

Na Coruña a 10 de decembro de 2011

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s