Arquivos diarios: 09/07/2011

Benvidos ao novo blogue de Anabad Galicia

Benvidos ao novo sitio na Internet de ANABAD-Galicia

Queremos presentarvos a nova proposta de Anabad para ter unha presenza máis activa na rede e contribuír a dinamizar a nosa Asociación.

Novas ferramentas de comunicación:

Novo blog:

O obxectivo de Anabad-Galicia é poder dar máis e mellores servizos aos nosos asociados e por iso comezamos unha nova etapa na que nos despedimos do blogue creado en Blogspot e migramos a WordPress, que nos posibilita ofertar unha mellor comunicación, sobre todo, no que respecta á difusión e integración nas redes sociais.

Ao visitar o blogue podese observar unha nova estrutura informativa con páxinas nas que se organiza a información da Asociación e, ademais, permite ofrecer novas opcións dándolle ao blogue unha presentación máis eficaz que permite buscar e navegar polos contidos. Cada post poderá ser comentado, valorado polos lectores e difundido nas redes sociais.

O blogue tamén conta cunha área privada para acceso exclusivo dos asociados.

Recuperación do dominio:

Co lanzamento do novo blogue queremos tamén recuperar o dominio da asociación: http://anabadgalicia.net que pasa desde este momento a ser o noso enderezo en internet para ter presenza co noso propio nome. Como enderezo secundario teremos o asociado a WordPress: https://anabadgalicia.wordpress.com

Novas ferramentas:

Newsletter:

ANABAD-Galicia mantén a proposta de publicación dun boletín informativo de difusión pública. Xunto a este boletín iníciase a publicación dun novo newsletter, sen periodicidade definida, que se dirixirá especificamente ás persoas asociadas.

Google Apps:

Moitos dos novos servizos que ofertamos son derivados do aloxamento en Google Apps que nos permite acceder a contas de correo, grupos e listas de distribución, documentos…

Listas de distribución: créanse novas listas de distribución:

  • unha específica para os asociados na que se poderá realizar comunicados e difundir información entre asociados. Daráselle prioridade a publicar nesta lista antes de facer públicas a información publicada en aberto. Nun correo de presentación a través desta lista explicarase o seu funcionamento.
  • Outra lista xeral: de difusión pública, aberta a todas aquelas persoas que desexen recibir información de ANABAD-Galicia.
  • Pódense crear novas listas de distribución para aqueles grupos de traballo que se podan constituír.

Documentos:

En Google Docs poderemos aloxar documentos públicos pero tamén realizar espazos privados para a directiva e os grupos de traballo e aqueles documentos que só sexan accesibles para os asociados.

Email: traballar con google apps tamén nos permite crear moitas contas de correo asociadas ao noso dominio de anabadgalicia.net.

Participación:

Estes cambios tamén queren ser un chamamento á participación na Asociación. As novas ferramentas non son unidireccionais, pretenden recoller o voso apoio, os vosos comentarios, propostas, etc. Existen diversas formas de colaboración:

  • Visita o blogue con frecuencia
  • Escribe no blogue: queres ser autor? podes escribir sobre aqueles temas que podan interesar á profesión
  • Comenta e valora as noticias: participa dando a túa opinión, valora as noticias.
  • Difunde os contidos nas túas redes sociais
  • Propón a creación dalgún grupo de traballo…

… e todas aquelas maneiras que consideres oportunas.

Redes sociais:

Por último e como complemento a todo o anterior lanzamos o perfil da Asociación en Twitter e en Facebook. Síguenos!

Twitter: @Anabad_Galicia

Facebook: http://www.facebook.com/pages/ANABAD-Galicia/186568964732868

Un saúdo da Directiva de ANABAD-Galicia

Advertisement