Arquivo da categoría: Cultura e Patrimonio

Día Internacional dos Museos 2013

O 18 de Maio celébrase esta desde que en 1977 o ICOM (Consello Internacional dos Museos) acordou dedicar aos Museos. Este ano o lema será: Museos (memoria + creatividade) = progreso social

 museos_banner

Algunhas actividades nos Museos galegos (en construción):

Pódense seguir as actividades a través do twitter co hashtag #DIM13

O Museo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, en Padrón, celebra o ‘Letreseo

Seis centros de referencia en Santiago celebran o Día Internacional dos Museos cunha ampla programación que se pode seguir a través da páxina do Facebook DIM13-Compostela

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense ten unha ampla programación. Ademais realizaron dous vídeos promocionais para a difusión desta data:

DIM2013

Museo Massó: actividades de clebración do Día dos Museos durante o mes de Maio

Museo de Arte Contemporánea (MAC Coruña), programa do sábado 11 de maio:

  • 12h. Actividade en familia: Cantacontos con Mato Armada e Raquel Galavís
  • 17,30h. Actividade en familia: Tetris analóxico Codeco con Belén Montero e Juan Lesta
  • 20h. Para todos os públicos: Sesións de DJ e VideoDJ

Museo de Belas Artes da Coruña: Actividades do Día Internacional dos Museos e Noite dos Museos: O Museo da Memoria para nenos e nenas; Os retratos portadores da Memoria; Museo musical e Jazz no Museo…

Museo de Pontevedra: varias actividades para nenos e adultos: Paseo pola arte galega desde o s. XIV a Castelao; Obradoiro infantil de expresión artística; O segredo dos Dinís e o Xogo do seis…

Accede ao portal dos Museos de Galicia para ver a programación de cada un deles.

Os Museos estatais realizan xornadas de portas abertas, amplían os horarios de apertura e realizarán unha ampla programación cultural.

Día Internacional dos Monumentos e Lugares Históricos

icomos2Esta celebración foi proposta polo Consello Internacional dos Monumentos e Lugares Históricos (ICOMOS) o 18 de abril de 1982 e aprobado pola Asemblea Xeral da UNESCO en 1983. O seu fin é promover a toma de conciencia sobre a diversidade do patrimonio cultural da humanidade, da súa vulnerabilidade e dos esforzos que require para a súa protección e conservación.

Cada ano é dedicado a unha temática diferente. Neste 2013 o tema escollido é O Patrimonio da Educación, incluíndo nesta denominación todo tipo de ben  patrimonial que, no marco da diversidade cultural mundial, están relacionados coa educación. Os  comités nacionais do ICOMOS están invitados a organizar manifestacións relacionadas con esta data tan importante: xornadas, conferencias, notas de prensa, paneis, visitas a bens patrimoniais, etc. 

En Galicia contamos cun magnífico Museo que recolle os obxectivos do ICOMOS deste ano. O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é o centro destinado a recuperar, salvagardar, estudar, mostrar e difundir todas aquelas expresións educativas que poñan de manifesto a variedade e riqueza do patrimonio pedagóxico de Galica, posibilitando así a súa catalogación, sistematización e custodia. Deste xeito, asegurarase a súa permanencia no tempo, fomentarase a súa indagación científica e propiciarase a súa transmisión como legado vivo e en emerxencia continua ao acervo cultural de Galicia.

escola1930

Propostas de interese relacionadas:

Regulamento xeral de protección de datos da UE

parlamento

A Unión Europea intentará aprobar antes do 2014 un Regulamento xeral de protección de datos. É interesante destacar que, neste caso, non estamos a falar dunha Directiva, senón dun Regulamento, é dicir de alcance xeral e de aplicación directa, polo que non necesita ningunha norma interna de trasposición, o que suporía unha regulación común en todo o territorio da UE.

O Parlamento e o Consello Euopeos presentaron unha proposta  de regulamento no que destaca  o desenvolvemento do “dereito ao esquecemento”.  Dende Anabad-Galicia queremos sinalar que este “dereito ao esquecemento” non pode supoñer a perda de documentos que forman parte do patrimonio documental. Aínda que na proposta  se  recollen condicións específicas para o tratamento de datos persoais con fins históricos, estatísticos e de investigación científica, este  regulamento non pode “esquecer” as funcións dos arquivos como garantes da conservación do patrimonio documental,  da transparencia na xestión,  da protección dos dereitos recollidos nos documentos e tamén, como non, da privacidade.

Documento a texto completo: Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratameento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos)

Comunicado da Asociation des Archivistes Français: Au nom du droit à l’oubli, quel patrimoine pour l’Europe de demain?

Noticias relacionadas: